Venres, Marzo 12, 2010
   
Text Size

Crean unha web para desempregados.

Tecnolóxicas

 O xornalista Javier Peña vén de por en marcha a web Portalparados.es, unha páxina que pretende facilitar a búsqueda de traballo, reunindo iniciativas públicas e privadas que poidan xerar postos de traballo e ofrecer promocións e informacións dirixidas aos desempregados. O novidoso do portal é o apartado adicado a asesoramento laboral e psicolóxico destinado a axudar e sobrelevar os efectos emocionais e personais que pode provocar a pérdida de emprego.  A participación é outro dos pilares importantes cun apartado para blogs e un foro para que todos poidan pronunciarse sobre temas de actualidade que lles afecten.

 

O Consello de Ministros europeo pretende ampliar a xornada laboral a 65 horas

Política

  O Consello europeo de ministros de Emprego prevé aprobar o próximo luns unha nova directiva laboral que preocupa gravemente aos sindicatos. A razón é a inclusión de diversos aspectos que supoñen un retroceso dos dereitos sociais conquistados polos traballadores, entre os que salienta a posibilidade de ampliar ata 65 a xornada laboral dun traballador. O Goberno español xa mostrou a súa negativa a aplicar a directiva.