Aberto o prazo de inscripción para Primavera Activa en Turismo Rural

PDF Imprimir
Cualificación dos usuarios: / 3
PobreDo Mellor 
axenda
Fonte: Administrator   
Google!

chuza!

meneame!

Technorati!

Primavera Activa é un programa con actividades de lecer e tempo libre, a levar a cabo en diferentes casa rurais de toda Galicia, organizado conxuntamente pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade e pola Dirección Xeral de Turismo - Turgalicia.

Poderán participar no programa aquelas mozas e mozos que teñan entre 18 e 35 anos no momento da súa participación.

O programa de Turismo Rural desenvolverase durante as fins de semana dos meses de marzo abril e maio

O programa inclúe os seguintes servizos: aloxamento en casas de Turismo Rural manutención completa (venres: cea, sábado: alomorzo, xantar e cea, domingo: almorzo), transporte dos participantes desde a casa rural ata o lugar onde se realizarán as actividades durante a xornada do sábado e un programa de actividades, equipo de monitores e material para o seu desenvolvemento.

Algunhas das actividades que poderás levar a cabo son:

Rutas en Kaiak e canoa
Mergullo
Voo en ultralixeiro
Hidrospeed
Ruta paisaxística en ATV e todo terreos
Espeleoloxía
Escalada en rocódromo
Roteiros literarios e dramatizados
Actividades e visitas culturais

INSCRICIÓNS

Os interesados neste programa poderán facer a reserva da súa praza mediante chamada telefónica ao Tel. 981 583 900 , a partir do 11 de febreiro, en horario de 9 a 14 horas, todos os días laborables agás os sábados.

O número máximo de prazas que se poderán reservar por cada chamada telefónica será de dúas.

Mais info: www.primaveractiva.info





Digg!Yahoo!
» 1 Comentario
1Comentario
en Sunday, 16 de March do 2008 ás 23:11de paco
encheronse todas as plazas cando ainda non levaba unha semana feita a convocatoria podes retiralo da portada
» Envie seu comentario
Email (no sera publicado)
Nome
Titulo do comentario
Comentario
 palabras disponibeis.
Captcha Image Regenerate code when it's unreadable