 Cruz Vermella O Centro de Transfusión de Galicia anima á cidadanía a continuar doando sangue trala súa xenerosa resposta ao chamamento previo á ponte de maio.
A cidadanía poden acudir a doar aos sete locais de doazón ou ás dez unidades móbiles do Centro de Transfusión de Galicia que nos vindeiros 15 días visitarán concellos, universidade e empresas
O Centro de Transfusión de Galicia (CTG) quere animar á cidadanía galega a continuar doando sangue trala súa xenerosa resposta ao chamamento previo á ponte de maio. De feito, no mes de abril recolléronse máis de 10.000 doazóns de sangue. Sen embargo, o incremento da actividade asistencial e as necesidades de sangue para atender ás urxencias fan necesario continuar cun ritmo similar ou maior de doazón.
Durante o mes de abril recolléronse máis de 10.000 doazóns de sangue, das que case 1.500 corresponden a persoas que nunca antes doaran
O Centro de Transfusión de Galicia salienta que das máis de 10.000 doazóns recibidas durante esta ponte de maio case 1.500 corresponden a novos doadores, é dicir, a persoas que nunca antes doaran.
Este dato resulta moi positivo posto que permite ampliar en case un oito por cento con respecto a mes de abril do pasado ano 2007, e un incremento do 50 por cento na incorporación de doadores novos.
Sen embargo, o incremento da actividade asistencial tanto programada como urxente fai necesario que este esforzo posto de manifesto pola cidadanía galega ao longo do mes de abril e da ponte de maio se manteña, tamén, nestas primeiras semanas de maio, xa que as reservas de sangue dos principais grupos sanguíneos atópanse nuns niveis baixos para facer fronte ao actual nivel de demanda asistencial.
Desprazamentos.
Para facilitar este xesto altruísta da cidadanía galega, as dez unidades móbiles do Centro de Transfusión de Galicia visitarán, ao longo dos vindeiros 15 días, máis de sesenta concellos, os campus universitarios, oito empresas e dos acuartelamentos das Forzas Armadas, para acadar a participación necesaria para garantir o desenvolvemento do labor asistencial dos centros sanitarios galegos que, cada día, precisan 500 doazóns de sangue para poder levar a cabo unha media diaria de 500 intervencións cirúrxicas, tres transplantes de órganos e tecidos e atender unhas 3.000 urxencias.
O Centro de Transfusión de Galicia agarda novamente contar coa participación da cidadanía nesta campaña de doazón de sangue e, para iso, tenta ofrecer as máximas facilidades posibles, mediante o desprazamento de dez unidades móbiles cada día que efectuarán os seguintes desprazamentos
Doar: moi sinxelo
Pode doar sangue calquera persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C,...).
A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e, mesmo, salvar a súa vida.
Para máis información, o Centro de Transfusión de Galicia dispón da páxina web: ctg.sergas.es e tamén é posible chamar ao teléfono gratuíto de información para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles: 900 100 828.
» Sin Comentarios
» Envie seu comentario
|