publicidade
Inicio
Parque O Pasatempo PDF Imprimir
Parques e xardines
Escrito por Extraida da web do Concello de Betanzos   

parque do pasatempos
O Pasatempos de Betanzos
Foi construído e ideado por Juan María García Naveira a principios de século; as súas numerosas viaxes polo mundo quedaron plasmados nesta peculiar construción, na que se empregou a técnicos artesanais portugueses para realizar os traballos decorativos máis complexos.

O resultado é un conxunto cercado por artísticos enreixados e cheo de escultura, fontes, estanques, xardíns..., destacando o "estanque dos Papas", onde están representados os bustos de todos os prelados existentes ata aquel momento.

Tamén é moi característica a zona das grutas, graduada en cinco niveis, así como un monumento ás repúblicas americanas.

Está considerado al mismo nivel artístico de otros ejemplos existentes en Europa y, además, es un jardín único en Galicia.

 

A súa Historia

 

 

A construción deste xardín iníciase entre 1893 e 1895,foi diseñado e costeado por Dn. Juan García Naveira.

Foi concibido como parque enciclopédico, ao modo da época , en onde se ven plasmadas as vivencias que este “indiano” (emigrante a América), adquiriu nas súas numerosas viaxes; conseguindo convertelo nun vehículo de comunicación cultural cos seus paisanos.

O parque extendíase por uns 90.000m2 e integraba: edificios, esculturas, xardíns…Presentaba dúas partes ben diferenciadas: os xardíns , que con 80.000 m2 cubrían toda a zona baixa e cha do conxunto; e o núcleo plástico duns 8.000 m 2 , distribuído en diferentes niveis, aproveitando a inclinación do terreo.

O tempo empregado na súa edificación, foi, por tanto, necesariamente dilatado, con períodos de baixa actividade , como entre 1908 e 1912 ou de 1914 a 1918. O conxunto creceu pouco a pouco, como se dun organismo vivo se tratara.Aínda que en 1914 estaba practicamente configurado, Dn. Juan seguiu comprando novos terreos e engadindo. ideas.

Independentemente do transfondo social, intelectual e espiritual que representaba o Pasatempo , tiña , tamén, un fin eminentemente económico, destinado o beneficio das clases máis desfavorecidas de Betanzos, así: proporcionaba traballo os desocupados e , rentabilizándoo, diñeiro ao Asilo García Irmáns.

A través dun paseo arbóreo chegábase á porta principal. O primeiro que atopabamos era a Casa-Despacho de billetes, onde se podía adquirir o billete de entrada e postais do parque. Seguindo pola Avenida dos Emperadores, dito nome viña dos bustos , en mármore, de emperadores romanos sobre pedestais de cemento que a engalanaban, podiamos ver a fonte das Catro Estacións.

 

Nesta zona, hoxe desaparecida, a auga era a protagonista e un gran estanque ocupaba a parte central; era o denominado Estanque dos Papas, porque a balaustrada que cerraba e percorría o perímetro, consistía nunha colección completa , feita en cemento, de todos os Papas, dende San Pedro a Pío X. Numerosas fontes: como a de Neptuno, a da Industria e o Progreso, a de Florentina …; un parque zoolóxico, o Xardín Dormitorio ( copia en mirto do propio dormitorio de Dn.Juan e a súa esposa ) e outros varios elementos , constituían o atractivo deste lugar do xardín.

A outra parte estendíase pola ladeira do outeiro en cinco niveis, e é a que actualmente se conserva. Tiña un fin eminentemente didáctico, para o que se empregaron relevos e esculturas, de aí o apelativo de “Parque Enciclopédico”.

Na década de 1920 o Pasatempo era citado en numerosas guías turísticas europeas como parada obrigada de viaxeiros e peregrinos . No entanto, é a partir de 1930 cando comenza o seu deterioro. O motivo principal foi que Dn. Juan non deixou estipulada a continuidade do parque no seu testamento , pero tamén, o estalo da Guerra Civil e as súas consecuencias nos anos de posguerra. O paro, a fame e a especulación eran un mal xeralizado na sociedade da época, o que propiciou o expolio e deterioro de moitas pezas.

O paso dos anos fixo que a maleza e a vexetación se foran apoderando do recinto, ocultándoo, practicamente , ata que en 1986 o Concello da cidade comprou estes terreos; momentos nos que comezou a renacer, para os anciáns volveron os recordos e para os mozos a sorpresa.

Aínda que o esplendor de antano é imposible de igualar, o Pasatempo volve a definirse como un espacio de ocio no que os seus visitantes poden gozar da maxia e o misterio que xa ofrecía hai cen anos.

 
Advertisement