Os Caneiros

PDF Imprimir
Cualificación dos usuarios: / 0
PobreDo Mellor 
Fonte: Iosvany Rodriguez   

Os Caneiros.

Romaría fluvial que se celebra os días 18 e 25 de agosto no campo de Os Caneiros, situado a uns 4 quilómetros de Betanzos no termo municipal de Coirós.

Esta romaría desenvólvese ao longo de todo o día sendo a hora de comezo polo mediodía cando grupos de betanceiros inician a subida ao campo dos Caneiros desde o Paseo da Tolerancia en barcas engalanadas repletas de comidas típica e bebidas que consumen ao longo da travesía, tanto na subida como na baixada dos Caneiros.

A romaría dos Caneiros adoita concentrar unha media de 10000 visitantes sendo a do 18 a que rexistra unha maior asistencia, a pesar de atoparse a 4 KM de Betanzos existen varias formas de chegar ata Os caneiros, unha é a pé outra é na plancha( taxibarca), e outra é alugando un bote.

Mapa.


Ver mapa más grande