Gañador do XI Certame de Balconadas 2008
Sep 7th, 2008 | Por admin | Categoria: Balconadas de Betanzos 2008 | Informacion turistica, Noticias de BetanzosA obra gañadora do XI Certame de Balconadas organizado polo Concello de Betanzos corresponde a José Rincón, un sevillano afincado en Madrid, coñecido polos seus gravados. A balconada é a número 106 e está exposta en fronte á praza de Santa María. De deseño abstracto e intenso colorido, o xurado, formado por seis persoas relacionadas co mundo da arte, decidiu conceder o primeiro premio a este traballo.
