|
Convocatoria de programas de apoio á cultura, ó deporte, servizos sociais, promoción de emprego, xuventude, asociacionismo veciñal e actividades educativas dirixidos a entidades para actividades e investimentos durante o ano 2008
Dentro do labor de fomento e apoio as iniciativas das entidades sen ánimo de lucro convócanse as presentes axudas nas áreas de cultura, deportes, servicios sociais, promoción de emprego, xuventude, asociacionismo veciñal e actividades educativas.
1.-Finalidade e obxecto.
O Concello de Betanzos quere pola presente convocatoria ás entidades sen ánimo de lucro, contrubuír a que acaden os obxectivos que lle son propios, e fomentar a participación dos cidadáns en cada ámbito de actuación, contribuíndo a impulsar a democratización da sociedade.
Conforme co disposto na Lei 7/1985, de bases de réxime local, Regulamento de servicios das corporacións locais, na Lei 5/1997, de administración local de Galicia, na Ley 38/2003 Xeral de Subvencións, e con cargo ó Presuposto do Concello para o ano 2008, convócanse para o período que vai comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro, as subvencións que a continuación se detallan:
SUBFUNCION MATERIA CONTA IMPORTE
- 313 ACCIÓN SOCIAL 48.900
- 313 ACCIÓN SOCIAL 48.900
- 322 PROMOCIÓN EMPREGO 48.900
- 422 ENSINANZA 48.100
- 422 ENSINANZA 48.900
- 451 CULTURA 48.100
- 451 CULTURA 48.900
- 452 DEPORTES 48.900
- 454 XUVENTUDE 48.900
TOTAL IMPORTES
2.-Solicitantes.
Poderán optar ós programas contidos na presente convocatoria as entidades e comunidades veciñais que cumpran os seguintes requisitos:
* Estar legalmente constituídas.
* Carecer de fins de lucro.
* Estar rexistrada no Rexistro de Asociacións do Concello de Betanzos.
* Desenvolver as súas actividades no ámbito territorial do Concello ou sobre temas de interese para o mesmo.
* Non estar incursa en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvención públicas.
* Estar ó día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
* Con carácter non profesional dos participantes das actividades deportivas.
* Non serán obxecto de subvención as actividades suxeitas o convenio de colaboración co Concello ou as que xa recibisen unha subvención municipal directa ( contía economica determinada ) ou indirecta ( trofeos, propaganda, cesión de material, etc. )
3.-Documentación.
As solicitudes deberán formularse nos modelos normalizados que de facilitarán na Concellería de Cultura, no Rexistro Xeral do Concello ou na páxina web www. betanzos. es.
Achegarase tamén a seguinte documentación:
* Fotocopia da tarxeta CIF da entidade.
* Certificación orixinal dos datos bancarios da entidade.
* Fotocopia do NIF do representante.
* Programa da actividade ou investimento que se vai realizar.
* Certificación do número de socios activos.
* Presuposto estimado de gastos.
* Importe da subvención solicitada que non poderá superar ó 50% do presuposto de gastos.
Se os documentos solicitados nos catro primeiros apartados anteriores están en poder do Concello, o solicitante non terá que volver a remitilos, pero haberá de sinalar a data e a dependencia na que se presentaran anteriormente.
O defecto, erro ou ausencia na presentación da documentación á que se refire esta base deberá ser corrixido no prazo de dez días dende a recepción do requirimento.
4.-Lugar e prazo de presentación de solicitudes.
As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello e na forma establecida no art. 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
O prazo de presentación de solicitudes comezará, segundo o artigo 18 da Lei 38/2003 Xeral de Subvencións, ó día seguinte á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e rematará ó mes da súa publicación.
5.-Resolución dos programas.
A concesión das subvencións realizarase, mediante un réxime de concorrencia competitiva, por resolución da Xunta de Goberno Local, a proposta motivada da comisión avaliadora, previo informe dos servicios técnicos de que os beneficiarios cumpren todos os requisitos necesarios para acceder ás subvencións.
A comisión avaliadora estará composta polos seguintes membros:
Presidente: Alcaldesa-Presidenta
Vocais: Un Concelleiro Delegado de cada grupo politico que teña representación municipal.
Na comisión actuará como secretario/a do Concello ou funcionario/a en quen delegue, con voz pero sen voto.
5.1. Valoración das solicitudes.
A selección das peticións e a contía das subvencións determinarase unha vez consideradas as actividades e investimentos que se an a realizar, ponderando as seguintes circunstancias:
De carácter xeral
- O importe dás subvención non poderá ser superior o 50% do presuposto
- A obtención de subvencións concorrentes, sexa cal sexa ou seu proceder, en ningún caso poderá ser de tal contía que supere o custo dá actividade, este suposto daría lugar a unha modificación dá resolución de concesión.
-Subvencionaranse preferentemente aquelas actividades que teñan como obxectivo a promoción dá igualdade, que sexan de máis dunha entidade co fin de promocionar o traballo en rede,...........................
De carácter cualitativo
- Interese social dá actividade ou programa proposto. Ata 20 puntos.
- Interese para o desenvolvemento dos fins dá asociación, dás actuacións. Ata 10 puntos.
- Capacidade de xerar grupos ou programas estables fronte a accións puntuais e finalistas. Ata 5 puntos.
- Grao de coordinación e complementariedade cos programas desenvoltos polo Concello. Ata 10 puntos.
- A memoria de actividades desenvoltas no ano 2007. Ata 5 puntos.
- Grao de incitación a participación cidadá. Ata 15 puntos.
- Relación dás actividades co mantemento dás tradicións ou manifestacións culturais e artísticas locais. Ata 10 puntos.
- Non caso de programas deportivos, relación dás actividades coa promoción dá práctica fisico-deportiva e do deporte para todos/as. Ata 20 puntos.
- Creatividade e carácter experimental do proxecto, carencia de actividades análogas. Ata 10 puntos.
- Medida en que se trate dunha actividade non cuberta pola oferta municipal. Ata 15 puntos.
- Con carácter complementario no caso de subvencions de actividade educativas, terase en conta como criterio de avaliación a promoción dá igualdade. Ata 5 puntos.
-Resultados deportivos en actividades federativas. Ata 10 puntos.
De caracter cuantitativo.
- Número de participantes ou beneficiarios previstos, como capacidade de promover a participación. Ata 15 puntos.
- Número de socios e colaboradores que interveñen na realización do proxecto e distribución de responsabilidades e tarefas. Ata 5 puntos.
- Implicación local non senso de que sexa unha proposta de máis dunha entidade, ( x puntos por entidade participante). Ata 10 puntos.
-Número de actividades propostas. Ata 5 puntos.
5.2. Notificación e publicidade da resolución.
A resolución de concesión deberase notificar expresamente no prazo máximo de dous meses contados a partir da data de resolución do programa e será publicada no Boletín Oficial da Provincia.
Contra a desestimación expresa ou presunta das solicitudes presentadas poderán formularse os recursos que procedan.
6.-Xustificación e pagamento
6.1.-Prazo de xustificación.
O prazo para a xustificación das subvencións finalizará o día 30 de novembro de 2008.
Se non se presenta a xustificación dentro de prazo iniciarase expediente de anulación do correspondente compromiso, salvo concesión de prorroga.
6.2.-Consideracións xerais.
6.2.0. O Concello procurara facer publica as contias das subvencios o primeiro trimestre do ano.
6.2.1. As subvencións aboaranse despois da xustificación dos gastos.
6.2.2. O gasto xustificado documentalmente deberá acadar, en todo caso, o importe da subvención concedida.
6.2.3. O beneficiario queda obrigado a facilitar canta información lle sexa requirida polo Concello e sométese ás responsabilidades e réxime sancionador establecido na Lei xeral orzamentaria e, no seu caso, ó disposto no Código Penal.
6.3.-Documentación xustificativa.
Para o cobro da subvención as entidades deberán presentar a acreditación da realización dos gastos da forma seguinte:
* As subvencións que teñan por finalidade a realización de actividades que xeren gastos correntes ou de investimentos xustificaranse mediante facturas orixinais ou fotocopias compulsadas.
* No caso de gastos de persoal propio da entidade, deberán achegarse xustificantes acreditativos dos pagos e os documentos xustificativos de ingreso de seguros sociais.
6.4.-Tramitación da xustificación.
Para os efectos de xustificar os gastos entenderase que o gasto está realizado coa achega da documentación sinalada no apartado 6.3 anterior.
Para a valoración do cumprimento da finalidade básica da subvención e pago dela, terase en conta o seguinte:
* No caso de que se xustifique gasto polo 100% da contía da subvención, aboarase a totalidade da mesma.
* No caso de que se xustifique gasto por importe inferior ó 100% da contía da subvención aboarase esta na parte proporcional ó gasto xustificado.
* O prazo de xustificación das subvencións rematará o 30 de novembro de 2008, agás que se solicitara e fose outorgada prórroga, debendo no seu caso, motivarse esta concesión. En todo caso, esta solicitude deberá ser motivada e deberá realizarse por escrito antes da data sinalada anteriormente. O 31 de decembro do ano 2008, anularanse automáticamente os compromisos de axuda pendentes de xustificación ou sen concesilón de prórroga.
* En xeral non se admitirán facturas de bebidas alcohólicas, tabaco ou calquera outro producto considerado lesivo para a saúde, nin se admitirán facturas relativas a alimentos e bebidas, agás das relativas a productos típicos de celebracións tradicionales gastronómicas e de Navidad, Magosto, Entroido e San Xoan e outros festexos populares. De igual xeito, nas excursións ou viaxes culturais, poderán xustificarse os gastos de desprazamento, pero non serán admisibles os de alimentación ou comida á marxe deste concepto.
Disposición adicional primeira.
Con carácter xeral admitiranse fotocopias sempre que veñan compulsadas ou adveradas:
* Diante de notario.
* Polo secretario do concello, ou funcionario habilitado ó efecto.
Disposición adicional segunda.
Para o non previsto nesta convocatoria serán de aplicación as normas previstas nas bases de execución do presuposto do Concello para o exercicio 2008 e na Lei 38/2003, Xeral de Subvencións.
» Sin Comentarios
» Envie seu comentario
|