Ampliación do plazo ás probas de Celga |
|
|
|
Fonte: Administrator
|
|
Amplíase o prazo de inscrición nas probas do Celga ata o vindeiro 15 de abril,os exames para a obtención do Celga 4 terán lugar o vindeiro 25 de maio
A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de ampliar o prazo de solicitude para a realización das probas de obtención dos certificados de lingua galega (Celga).
As persoas interesadas poderán formalizar a súa inscrición ata o vindeiro 15 de abril, segundo a resolución publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia. Así mesmo, a data do exame do Celga 4, inicialmente prevista para o 15 de maio, adíase ata o día 25 do mesmo mes.
Se o número de candidaturas o requirise, a proba oral continuaría os días 26 e/ou 27 de maio.
Por outra parte, e debido ás dificultades para dispor da Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada como centro de realización de exames, a Secretaría xeral resolveu suprimir esta localización.
Se como consecuencia da modificación das datas e da supresión deste último lugar, algúns dos candidatos que xa presentaron as súas solicitudes e aboaron a taxa correspondente non se puidesen presentar ao exame, poderán solicitar a devolución da taxa no prazo de dez días contado a partir de mañá.
» Sin Comentarios
» Envie seu comentario
|