Blogs

Advertisement

Premiados na Gala Mestre Mateo 2007

PDF Imprimir
Cualificación dos usuarios: / 0
PobreDo Mellor 
Fonte: Administrator   
chuza!

mestre mateoListaxe dos premiados na Gala Mestre Mateo 2007

O audiovisual galego celebrou onte a súa noite máis esperada do ano no Teatro Jofre de Ferrol. Ao redor da entrega dos Premios Mestre Mateo 2007 reuníronse autoridades institucionais, representantes da vida social e económica de Galicia e, moi especialmente, de todas as asociacións e sectores profesionais da familia audiovisual galega.

Na Gala, retransmitida por TVG e presentada por Antonio Durán (Morris) e Manuel Manquiña, déronse a coñecer os nomes dos premiados con cada unha das 25 estatuiñas que representan as categorías dos galardóns, e que este ano recaeron en:

  • Mellor longametraxe: “O neno de barro”, de Adivina Producciones.
  • Longametraxe de animación: “Gritos en el pasillo” de Perro Verde Films.
  • Programa de TV: “Historias de Galicia” de TVG.
  • Serie de TV: “Air Galicia” de Producións Zopilote; CTV.
  • Documental: “Historia dunha parroquia” de Bren Entertainment S.A.
  • Obra experimental ou interactiva: “Cousas do Kulechov” de Susana Rey Crespo
  • Obra publicitaria: “Vivamos como galegos” (Gadisa) de Congo Producciones Audiovisuales y Gráficas, S.L.
  • Curtametraxe de ficción: “Adeus Edrada?” de Rubén Riós; Alem Filmes.
  • Curtametraxe de animación: “A flor máis grande do mundo” de Continental Producciones, S.L.
  • Dirección de produción: María Liaño, por “Hotel Tívoli”.
  • Dirección de fotografía: Suso Bello, por “O neno de barro”.
  • Maquillaxe e perruquería: Beata Wojtowicz, por “O neno de barro”.
  • Deseño de vestiario: Cecilia Monti, por “O neno de barro”.
  • Dirección artística: Mariela Rípodas, por “O neno de barro”.
  • Montaxe: Guillermo Represa e Rodrigo Cortés, por “Concursante”.
  • Son: Alfonso Couceiro e Víctor Seixo, por “A vida por diante”.
  • Guión: Jorge Algora, Christian Busquier e Héctor Carré, por “O neno de barro”.
  • Música orixinal: Nani García, por “O neno de barro”.
  • Dirección: Jorge Algora, por “O neno de barro”.
  • Realización: Ricardo Llovo, por “Historias de Galicia”.
  • Comunicador de TV: Xosé Barato, por “Historias de Galicia”.
  • Interpretación masculina protagonista:Chete Lera, por “O neno de barro”.
  • Interpretación feminina protagonista: María Bouzas, por “Unha muller invisible”.
  • Interpretación masculina de reparto: Luis Zahera, por “Concursante”.
  • Interpretación feminina de reparto: Mabel Rivera, por “Hotel Tívoli”.



No transcurso da Gala, a Presidenta da Academia Galega do Audiovisual María Bouzas comparou o encontro coa “festa de fin de curso”, na que están xuntos os profesionais e o público celebrando que “o audiovisual galego vive e da moito de sí”. Salientou o punto en común de tantos profesionais “que contan historias, inventan mundos e personaxes moi diferentes”, e é que “facémolo dende aquí, dende Galicia, e iso é algo que temos que celebrar”.

Ademais dos gañadores nas 25 categorías, o polifacético actor Ernesto Chao, o que fora o primeiro Presidente da AGA, recolleu o Premio de Honra Fernando Rey. Esta é a primeira ocasión na historia da entidade na que este galardón recae nas mans dun actor.

A Academia Galega do Audiovisual aproveitou a gran cita do ano para facer unha pequena homenaxe aos compañeiros falecidos nos últimos doce meses a través dunhas imaxes nas que se lembraron as figuras de Pedro Amalio López (director e realizador de TV), Eduardo Díaz (redactor), Aquilino “Quino” González (cámara de TV), Emilio Mac Gregor (director-realizador), Agustín Díaz (redactor), Eugenio Pena (director e realizador de TV) e John Balan (artista).

A Gala dos Premios Mestre Mateo 2007 tivo como patrocinadores, pola Xunta de Galicia, ás consellerías de Presidencia; Cultura e Deportes; e Innovación e Industria (a través das súas direccións xerais de Comunicación Audiovisual; Creación e Difusión Cultural; e Promoción Industrial e Sociedade da Información, respectivamente), así como á Concellaría de Cultura e Promoción Turística do Concello de Ferrol, a Fundación Caixa Galicia e a Televisión de Galicia. Os colaboradores da presente edición foron: Fundación Aisge, Gadisa, SGAE-Fundación Autor, e Spica





Digg!Google!meneame!Technorati!Yahoo!
» Sin Comentarios
Non.
» Envie seu comentario
Email (no sera publicado)
Nome
Titulo do comentario
Comentario
 palabras disponibeis.
Captcha Image Regenerate code when it's unreadable