publicidade
Inicio arrow Betanzos arrow O Concello de Betanzos achega o medievo aos nenos cunha ruta guiada
O Concello de Betanzos achega o medievo aos nenos cunha ruta guiada PDF Imprimir
Cualificación dos usuarios: / 0
PobreDo Mellor 
Escrito por Administrator   

O Ideal Galego.  A alcaldesa de Betanzos, María Faraldo, presentou onte o programa da X Feira Franca Medieval. A principal novidade está destinada aos nenos. Así se organizou unha ruta a través do casco histórico para achegar a historia medieval da cidade aos máis pequenos.

 

A ruta, que está dirixida a nenos de entre cinco e dez anos, abrirá os actos da X Edición da Feira Franca Medieval, o vindeiro xoves, e partirá ás 11.00 horas do edificio Liceo. O director do Museo das Mariñas, Alfredo Erias, fará de cicerone dos máis pequenos, que tamén estarán acompañados por varios monitores, no percorrido polo casco histórico. A finalidade desta nova iniciativa é, en palabras da alcaldesa brigantina, "que coñezan a historia de Betanzos no medievo e os seus monumentos máis importantes dunha forma didáctica e divertida". Os participantes deberán ir ataviados con roupas de época, aínda que desde o consistorio facilitaranse algúns complementos medievais.

Orzamento > A apertura oficial da feira, no entanto, terá lugar o venres 6 de xullo, coa tradicional entrada do conde de Andrade e o seu séquito na cidade e a lectura do pregón, a cargo do escritor e historiador Luís Gorrochategui Santos.

O orzamento estimativo dos festexos ascende a 60.000 euros, segundo indicou onte a alcaldesa, quen sinalou igualmente que se manteñen os actos principais de edicións anteriores.

Un dos cambios afectará á tradicional representación da entrega das Cen Doncelas, que se traslada á praza da Constitución, en lugar de celebrarse no Paseo da Galera.

O Concello deseñou un dispositivo especial de vixilancia e seguridade para os tres días que duran os festexos.

En total acudirán 130 artesáns das diferentes especialidades e haberá numerosos postos de gastronomía.





Google!chuza!meneame!Technorati!Yahoo!
» Sin Comentarios
No hai ningun comentario ata agora.
» Envie seu Comentario
Email (non sera publicado)
Nome
Titulo do comentario
Comentarios
 _EASYCOMMENTS_REMAINING_CHARS
Captcha Image Regenerate code when it's unreadable
 
Advertisement

Concertos, Exposicions e Actuacions

os tonechos en betanzosO 28 de xuño, os tonechos actuarán en Betanzos na praza García Irmáns a partir das 11 da...
Domingo 11, ás 12:30 h, no atrio de Santo Domingo terá lugar un concerto organizado pola Coral...
O sábado 10 de Maio 2008, Manolito y Lacón Fussión actuará no bar O Rincón do...
via stellae 2008 logoArranca a segunda edición do Via Stellae, Festival de Música de Compostela e os seus Camiños, que...
A Fundación Caixa Galicia organiza a exposición Xente de Mente desde o luns, 02 de xuño de 2008...
Do 1 ó 31, exposición colectiva de gráfica contemporánea no local de Artra, situado na...
O coruñés Víctor Lens amosa a súa mostra “O crímen perfecto” no edificio...
O venres 23 e sábado 24, na Aula Municipal de Cultura do edificio Liceo desenvolveranse as "II Xornadas de...