|
O Goberno de Betanzos publica o informe dá situación ecónómica do Concello de Betanzos.
A descarga directa do documento atopase disponibel na páxina web do concello e en formato PDF.
De: Intervención Municipal
A: Alcaldía-Presidencia
Asunto: Solicitude de informe sobre situación económica do Concello.
Acorde co disposto no artigo 4 do RD 1174/1987, de 18 de setembro, polo que se regula o
Réxime xurídico dos Funcionarios de Administración Local con habilitación de carácter nacional, a
Intervención Municipal emite o seguinte informe:
A) Antecentes:
- • Solicitude de Alcaldía de 5 de marzo de 2008 sobre situación económica do Concello.
- • Informe de Intervención de data 26 de decembro de 2007 sobre liquidación do orzamento
correspondente ó exercicio 2006.
B) Consideracións:
Primeira.- O presente informe se realiza a partir dos datos contidos na liquidación do
orzamento e na conta xeral do ano 2006, por ser este o último exercicio liquidado. A liquidación e a
Conta Xeral referidas a tal exercicio se atopan aprobadas e enviadas ós correspondentes órganos de
fiscalización externa, á Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, e á Delegación do
Ministerio de Economía e Facenda.
Segunda.- Tanto a liquidación do orzamento como a Conta Xeral teñen por obxecto determinar
a situación real do Concello tanto desde o punto de vista patrimonial como económico e financeiro. O
obxecto da liquidación é, en síntese, obter un análise do grao de realización do orzamento, por
comparanza entre os créditos asignados e os realmente gastados, e os ingresos previstos e os
realizados. Ademais, se determinan as magnitudes orzamentarias básicas para a medición do
saneamento financeiro do Concello. Tales magnitudes son:
a) Resultado orzamentario: Se determina pola diferencia entre os dereitos liquidados
e as obrigas recoñecidas, e pon de manifesto en qué medida os dereitos recoñecidos
no exercicio ten sido suficientes para financiar as obrigas recoñecidas con cargo ós
mesmos. Polo tanto se limita a un só exercicio, e dicir, analiza a xestión económica
dun ano concreto, neste caso o 2006. Da liquidación aprobada pola Alcaldía, da que
se deu conta ó Pleno do Concello na sesión de 29 de xaneiro de 2008, derivaba un
resultado orzamentario positivo, xa axustado, de 268.885,48 euros, polo que en
principio se pon de manifesto que os dereitos recoñecidos foron suficientes para
cubrir as obrigas e que existe un superávit no ano 2006 de 268.885,48 euros.
Nembargantes hai que ten en conta o indicado no informe da Intervención de 26 de
decembro de 2007, de fiscalización da liquidación, cando ó introducir a magnitude
do resultado orzamentario indica:
“Como introducción establecer que a información económica financeira, neste
caso, pública, debe reflectir a imaxe fiel do patrimonio, da situación financeira, da
execución do orzamento e dos resultados económicos da Entidade. En concreto, o
Resultado Orzamentario se encontra entre as magnitudes máis representativas da
área orzamentaria. E por elo que apelando á imaxe fiel da realidade do Ente Local
se debe advertir desde esta Intervención Municipal da existencia neste Concello
dunha serie de documentos que poderían supoñer futuribles obrigas e gastos e que
non se atopan reflectidos actualmente na contabilidade municipal, e que
posteriormente dan lugar ós recoñecementos extraxudiciais de créditos. Polo tanto,
os importes que se van a ofrecer ó longo deste informe son os que se recollen da
contabilidade”.
As facturas existentes nas oficinas municipais pendentes de contabilización e
referidas ó exercicio 2006 ascenden a un importe total de 403.430,14 euros, o que de
terse aplicado ó resultado orzamentario significaría un resultado negativo de -
134.544,66 euros. Tal e como se indicou no seu día no informe á liquidación, e
independentemente de que algunha de estas facturas finalmente non dea lugar a un
dereito de cobro fronte á Administración, en xeral se pon de manifesto a realización
durante o exercicio do 2006 de gastos por encima da capacidade orzamentaria
dispoñible.
b) Remanente de Tesourería: É a magnitude máis importante da liquidación, xa que
pon de manifesto a situación económica do concello nun momento determinado e en
termos absolutos, é dicir, acumulado ó longo dos anos. Se obtén sumando ós fondos
líquidos os dereitos pendentes de cobro, e restando as obrigas pendentes de pago.
Con isto se determina o grao de liquidez do Concello, baixo a hipótese de cobrar a
todos os debedores e pagar ós acredores. Unha vez realizados os axustes
determinados na Orde EHA/4041/2004, de 23 de novembro, pola que se aproba a
Instrucción do Modelo Normal de Contabilidade Local, resulta un remanente de
tesourería para gastos xerais negativo de –318.550,87 euros. Dita cantidade sería
incrementada en -667.907,02 euros se finalmente son obxecto de contabilización as
facturas indicadas no apartado anterior.
c) Aforro neto: Se calcula pola diferencia entre os dereitos liquidados polos capítulos I
a V, ambos inclusive, do estado de ingresos, e das obrigas recoñecidas polos
capítulos I, II, e IV do estado de gastos, minorada no importe dunha anualidade
teórica de amortización de cada unha das operacións de préstamo pendente de
reembolso. Tendo en conta todo esto a contabilidade municipal presenta un aforro
neto positivo en 269.152,04 euros. Nembargantes, tal e como se manifestou no seu
momento no informe da liquidación, deberá terse en conta a existencia de gastos non
contabilizados que en caso de transformarse en dereitos de cobro fronte á
Administración darían lugar a un aforro neto negativo, coa conseguinte necesidade
de solicitar autorización para calquera operación de endebedamento.
d) Estabilidade orzamentaria: Se define como a diferencia entre os dereitos
recoñecidos nos sete primeiros capítulos de ingresos e as obrigas recoñecidas dos
sete primeiros capítulos de gastos. Do cálculo da liquidación do ano 2006 deriva un
déficit de -267.344,71 euros, polo que acorde co disposto na Lei 18/2001, de 12 de
decembro, de Estabilidade Orzamentaria, modificada pola Lei 15/2006, de 26 de
maio, o Concello verá obrigado a aprobación dun plan económico-financeiro de
reequilibrio a un prazo máximo de tres anos, onde se recollan as actividades y
medidas tendentes á garantir unha xestión que permita a volta á estabilidade
orzamentaria.
Terceira.- No caso da Conta Xeral, os documentos que compoñen os estados e contas anuais
do exercicio 2006 son o balance de situación, a conta de resultados, os estados de liquidación do
orzamento e a memoria. A finalidade da Conta Xeral é a de reflectir a imaxe fiel da situación
económico e financeira, os resultados económicos patrimoniais, e a execución e liquidación do
orzamento. Polo tanto é necesario, tal e como manifestamos no caso da liquidación, ter en conta a
repercusión que sobre os estados e contas presentados pode supoñer a existencia de facturas pendentes
de contabilizar.
a) Balance de situación: Comprende, acorde co establecido na Instrucción de
Contabilidade para a Administración Local, os bens e dereitos, así como os posibles
gastos diferidos, que constitúen o activo da entidade e as obrigas e fondos propios
que forman o pasivo da mesma. A incidencia mais destacable, no que se refire ó
activo, pode atoparse na valoración do inmobilizado material, xa que por unha parte
poden atoparse desaxustes derivados da non adecuación da contabilidade ó
inventario municipal, e inclusive do inventario municipal á realidade física, o que se
deriva da falta de medios materiais e de persoal que permitan facer un seguimento
continuo do mesmo. Asimesmo hai que ter en conta que moitos dos bens
incorporados ó inventario non teñen valor asignado, o que incumpre os preceptos da
normativa contable que establecen o criterio de valoración real ou prezo de
adquisición ou taxación, segundo a data de adición. No que se refire ó pasivo, a
maior incidencia destacable é a existencia de facturas pendentes de contabilizar, o
que de terse incorporado á contabilidade suporían unha modificación das contas 129,
430 e 431, de forma que o balance quedaría do seguinte xeito:
ACTIVO
Cuenta ,Descripción e Importe
- A)INMOVILIZADO 37.725.205,66
- I.Inversiones destinadas al uso general 13.136.598,79
- 1.Terrenos y bienes naturales 1.066.146,19
- 200 Terrenos y bienes naturales 1.066.146,19
- 2.Infraestructuras y bienes destinados al uso general 12.061.234,28
- 201 Infraestructuras y bienes destinados al uso general 12.061.234,28
- 4.Bienes del patrimonio histórico, artístico y cultural 9.218,32
- 208 Bienes del patrimonio histórico, artístico y cultural 9.218,32
- II.Inmovilizaciones inmateriales 23.004,03
- 3.Otro inmovilizado inmaterial 23.004,03
- 219 Otro inmovilizado inmaterial 23.004,03
- III.Inmovilizaciones materiales 24.532.882,75
- 1.Terrenos 3.880.806,86
- 220 Terrenos y bienes naturales 3.880.806,86
- 2.Construcciones 15.350.749,03
- 221 Construcciones 15.350.749,03
- 3.Instalaciones técnicas 251.770,02
- 222 Instalaciones técnicas 251.770,02
- 4.Otro inmovilizado 5.049.556,84
- 223 Maquinaria 221.671,37
- 224 Utillaje 46.393,04
- 226 Mobiliario 860.999,30
- 227 Equipos para procesos de información 132.535,25
- 228 Elementos de transporte 679.462,95
- 229 Otro inmovilizado material 3.108.494,93
- VI. Inversiones financieras permanentes 32.720,09
- 2.Otras inversiones y créditos a largo plazo 32.720,09
- 252 Créditos a largo plazo 32.720,09
- C)ACTIVO CIRCULANTE 1.638.278,54
- II.Deudores 754.576,74
- 1.Deudores presupuestarios 1.154.774,94
- 430 Deudores por derechos reconocidos ingresos corrientes 436.209,91
- 431 Deudores por derechos reconocidos ingresos cerrados 718.565,03
- 2.Deudores no presupuestarios 257.612,45
- 440 Deudores por i v a repercutido 35,20
- 449 Otros deudores no presupuestarios 257.577,25
- 4.Administraciones publicas 119,24
- 472 Hacienda publica, IVA soportado 119,24
- 6.Provisiones -657.929,89
- 490 (-)Dotaciones para insolvencias -657.929,89
- III. Inversiones financieras temporales -2.097,02
- 2.Otras inversiones y créditos a corto plazo -4.757,02
- 542 Créditos a corto plazo -4.757,02
- 3.Fianzas y depósitos constituidos a corto plazo 2.660,00
- 566 Depósitos constituidos a corto plazo 2.660,00
- IV. Tesorería 885.798,82
- 570 Caja operativa 7.260,99
- 571 Bancos e instituciones de crédito. Cuentas operativas 903.343,49
- 573 Bancos e instituciones de crédito. Cuentas restringidas de recaudación 523,22
- 579 Formalización -25.328,88
- TOTAL GENERAL ( A + B + C ) 39.363.484,20
PASIVO
- Cuenta Descripción Importe
- A) FONDOS PROPIOS 34.182.724,94
- I.Patrimonio 28.695.524,08
- 1.Patrinomio 28.695.524,08
- 100 Patrimonio 28.695.524,08
- III.Resultados de ejercicios anteriores 4.985.852,20
- 120 Resultados de ejercicios anteriores 4.985.852,20
- IV.Resultados del ejercicio 501.348,65
- 129 Resultados del ejercicio 501.348,65
- C) ACREEDORES A LARGO PLAZO 2.685.525,43
- II.Otras deudas a largo plazo 2.685.525,43
- 1.Deudas con entidades de crédito 2.684.965,43
- 170 Deudas a largo plazo con entidades de crédito 2.684.965,43
- 4.Fianzas y depósitos recibidos a largo plazo 560,00
- 180 Fianzas recibidas a largo plazo 560,00
- D) ACREEDORES A CORTO PLAZO 1.827.326,82
- II.Otras deudas a corto plazo 86.460,57
- 1.Deudas con entidades de crédito 896,53
- 520 Deudas a corto plazo con entidades de crédito 535,92
- 522 Deudas por operaciones de tesorería 360,61
- 4.Fianzas y depositos recibidos a corto plazo 85.564,04
- 560 Fianzas recibidas a corto plazo 61.983,44
- 561 Depositos recibidos a corto plazo 23.580,60
- III.Acreedores 2.408.773,27
- 1.Acreedores presupuestarios 2.323.991,85
- 400 Acreedores por obligaciones reconocidas presupuesto de gastos 1.742.218,24
- 401 Acreedores por obligaciones reconocidas presupuestos de gastos 581.135,40
- 408 Acreedores por devolución de ingresos 638,21
- 2.Acreedores no presupuestarios 107,46
- 410 Acreedores por IVA soportado 107,46
- 4.Administraciones públicas 72.955,88
- 475 Hacienda pública, acreedor por diversos conceptos 64.397,29
- 476 Organismos de previsión social, acreedores 8.334,23
- 477 Hacienda pública, IVA repercutido 224,36
- 5.Otros acreedores 11.718,08
- 554 Cobros pendientes de aplicación 11.718,08
- TOTAL GENERAL ( A + B + C + D ) 39.363.484,20
b) Conta do resultado económico-patrimonial: Comprende, coa debida separación,
os ingresos e beneficios do exercicio, os gastos e perdidas do mesmo, e por
diferencia, o resultado, aforro ou desaforro. Presenta un resultado positivo e polo
tanto aforro de 1.169.255,67 euros, se ben hai que facer as seguintes matizacións: en
primeiro lugar, o xa dito en referencia ás desviacións de financiamento no cálculo do
resultado orzamentario, pois parte dos ingresos contabilizados están afectos a gastos
a realizar noutros exercicios orzamentarios; en segundo lugar as facturas pendentes
de contabilización; e en terceiro lugar, a falta de dotación para amortizacións e
provisións que exprese a depreciación sistemática anual efectiva sufrida polo
inmobilizado inmaterial, o material, e o patrimonio público do solo pola súa
utilización.
c) Estados de liquidación do orzamento: Xa analizados na estipulación SEGUNDA
deste informe.
d) Memoria: Con carácter xeral completa, amplía e comenta a información contida no
balance, na conta do resultado económico-patrimonial e nos estados de liquidación
do orzamento.
Por todo o exposto e en aplicación do disposto no artigo 4 do Real Decreto 1174/1987, de 18 de
setembro, sobre réxime xurídico dos funcionarios de Administración Local con habilitación de carácter
nacional, se emite o presente informe, en Betanzos a 15 de abril de 2008.
O INTERVENTOR MUNICIPAL
José Ramón Talín Mariño
» Sin Comentarios
No hai ningun comentario ata agora.
» Envie seu Comentario
|