Blogs

Advertisement

Curso de patrón de navegación básico (PNB)

PDF Imprimir
Cualificación dos usuarios: / 1
PobreDo Mellor 
Fonte: Administrator   
chuza!

A AGASP impartirá un curso de patrón de navegación básico a través da rede,a inscrición é gratuíta e o prazo de solicitude remata o día 24 de abril

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) impartirá un curso de segundo nivel de patrón de navegación básico (PNB) que se organizará de forma mixta, con clases presenciais e a través da internet, en colaboracón coa Escola Nautica Portomeloxo, homologada pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. Así se recolle nunha resolución publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG), na súa edición de hoxe.

Esta iniciativa está dirixida aos membros dos servizos de emerxencia e protección civil da Comunidade Autónoma que previamente superasen o curso básico de protección civil, acrediten coñecementos de salvamento e socorrismo acuático e dispoñan de embarcacións de salvamento nos seus servizos.

O obxectivo primordial é conseguir que os integrantes dos servizos de emerxencias e protección civil adquiran coñecementos de navegación, así como a capacitación necesaria para poder pilotar unha embarcación no desenvolvemento das funcións encomendadas.

O curso, que conta con 30 prazas, desenvolverase a través da internet con dúas clases presenciais na sede da Escola e unha clase práctica nun lugar aínda por determinar. A inscrición é gratuíta e o prazo para a presentación de solicitudes -que deberán estar asinadas pola persoa responsable da correspondente unidade e co selo de esta- rematará o día 24 de abril.

O contido do curso divídese nunha parte teórica e outra práctica. A parte teórica abrangue asuntos como a nomenclatura náutica, a seguridade, a navegación, a propulsión, a lexislación, os balizamentos e o convenio internacional para prever as abordaxes. Pola súa banda, na parte práctica, que durará 4 horas, ensinarase o xeito de utilizar o chaleco salvavidas, extintores, sinais pirotécnicos e espellos de sinais; o manexo dos cabos; os preparativos para iniciar unha manobra; a aplicación das regras de rumbo e goberno, velocidade e seguridade, vixilancia e identificación de marcas e balizas; as manobras en dársena; gobernar cunha referencia de terra e a manobra de home á auga.

Ao remate do curso entregarase un certificado de asistencia. Para a obtención do título de patrón para a navegación básica (PNB) é preciso superar un exame teórico na Escola Náutico-Pesqueira de Vigo, Ribeira ou Ferrol, aboando as taxas correspondentes, e realizar a práctica oficial.





Digg!Google!meneame!Technorati!Yahoo!
» Sin Comentarios
Non.
» Envie seu comentario
Email (no sera publicado)
Nome
Titulo do comentario
Comentario
 palabras disponibeis.
Captcha Image Regenerate code when it's unreadable