|
O goberno de Betanzos afirma que o PSOE minte sobre o orzamento da pasarela |
|
|
|
Escrito por Nota de prensa
|
|
Ante as constantes manifestacións «malintencionadas» e coas que os concelleiros do PSOE «só tratan de confundir á opinión pública» en relación ao proxecto de instalación da ponte de madeira sobre o río Mandeo, o goberno local de Betanzos responde que os socialistas «volven faltar á verdade en relación aos custos da ponte».
O grupo de goberno afirma que o PSOE presentou fai unhas semanas un orzamento para a construción da pasarela de 143.021 euros. «Nin deste orzamento nin do estudo realizado pola empresa hai constancia algunha no Concello», di a alcaldesa, que se puxo en contacto con esa compañía, que lle confirmou que o orzamento foi elaborado en «mínimos para axustalo o máis posible á subvención».
|