Blogs

Advertisement

Capturan o campanus Mandeo

PDF Imprimir
Cualificación dos usuarios: / 0
PobreDo Mellor 
Fonte: L.T el ideal Gallego   
chuza!
  • Un asturiano captura en Chelo o campanu do río Mandeo no Coto de Chelo
  • O exemplar deste ano deu na báscula case o dobre que os salmóns de edicións anteriores


O campanu do Mandeo chegou na mañá de onte, logo de varias semanas de espera e esforzo. Desde a Sociedade de Pescadores do Mandeo mostraron a súa alegría pola captura, aínda que o pescador non sexa un dos seus.

Era aínda mediodía e a noticia xa correra como a pólvora polas aldeas da comarca: un afeccionado asturiano capturara o campanu do Mandeo. O primeiro salmón da tempada pesou 9,100 quilogramos. ¿Non é a primeira vez, pero facía tempo que non se collía un tan grande?, explican desde a Sociedade de Pescadores do Río Mandeo, entusiasmados coa noticiada captura do campanu, e case tan orgullosos coma se o suertudo fose un deles. O exemplar deu na báscula case o dobre que os últimos anos (5,100 en 2006 e 4,600 en 2005).

Do futuro do peixe sábese que viaxará a Asturias, da man da seu carcelero. Os restaurantes e os chef llo rifarán e o prezo que paguen por el alcanzará -ou rozará- as nubes. Ou o saborearán en casa. Os afeccionados fan cábalas sobre o seu destino final. Do presente teñen claro que o mellor premio é sacalo.

?Os asturianos saben o que fan, eles parece que non pescan, senón que cazan... Están o a árbore e cando o salmón abre a boca... ¡zas!?. Ironías aparte, a chegada do campanu veu a revitalizar o ánimo dos habituais do Coto de Chelo que, como os doutros moitos puntos do país, enfrontáronse primeiro á escaseza de choiva e despois, como sempre, aos efectos negativos que, segundo o colectivo, provocan as minicentrais. ?As crecidas bruscas de caudal arrastran as huevas?, engaden as mesmas fontes dos pescadores. Ademais, estresan aos peixes.

Din que o Mandeo é caprichoso e que para triunfar no Coto de Pesca de Chelo hai que ser moi bo. Por iso, se calquera campanu é un tesouro, o deste río aínda máis.

En 2006 o afortunado foi un veciño da Estrada, pero un ano antes do peixe quedou en casa. O betanceiro Alfredo Maceiras capturou, tamén en Chelo, un exemplar de 4,6 quilogramos. Doce meses antes fíxoo Miguel Anxo Castro, tamén mariñán, de Coirós para máis aceno, pero en augas do Eo. Entón, a báscula marcou 6,9. Unhas veces os galegos pescan en Asturias, e outras son os asturianos os que o fan en Galicia.





Digg!Google!meneame!Technorati!Yahoo!
» Sin Comentarios
Non.
» Envie seu comentario
Email (no sera publicado)
Nome
Titulo do comentario
Comentario
 palabras disponibeis.
Captcha Image Regenerate code when it's unreadable
 

Actos con motivo da celebración do día das Letras Galegas

Paderne
Miño
Sada
Oza dos Ríos
Bergondo
Arzúa
Betanzos

Concertos, Exposicions e Actuacions

Martes 20, entre as 9:45 e as 13:00 h, terán lugar tres concertos didácticos a cargo do grupo Betan...
O venres 23 de maio a partir das dez e media da noite a Cervexería Zoki, situada na cén- trica praza de...
os tonechos en betanzosO 28 de xuño, os tonechos actuarán en Betanzos na praza García Irmáns a partir das 11 da...
Casa HamletMartes 20, ás 12:00 h e organizada polo Concello de Betanzos e co patrocinio da Deputación da...
No edificio Liceo poderá verse do 16 ao 29, exposición documental titulada "Betanceiros no Reino...
Gabriella Locci Do 6 ao 31, na Sala de Exposicións Temporais da sede da Fundación CIEC, de martes a sábado en...
Do 5 ao 31, exposi- ción en Artra, na rúa do Castro baixo o títu- lo de "Obra sobre...
O venres 23 e sábado 24, na Aula Municipal de Cultura do edificio Liceo desenvolveranse as "II Xornadas de...

Representacións teatrais

O domingo 18, ás 20,30 horas na Aula Municipal de Cultura do edificio Liceo terá lugar a...
Mércores 21, ás 11:30 h e organizada pola Concellaría de Servizos Sociais do Concello de Betanzos...
emigradosO domingo 11, ás 20,30 horas na Aula Municipal de Cultura do edificio Liceo terá lugar a...
O martes 27, no Centro de Maiores de Caixa Galicia ás 18:30 h, representación da obra "A lenda de...