publicidade
Inicio
O BNG denuncia a desaparición da capela de San Paio PDF Imprimir
Cualificación dos usuarios: / 1
PobreDo Mellor 
Escrito por Nota de prensa BNG de Betanzos   

 O edificio, en ruínas, ocupaba un campo na parroquia de Tiobre, a poucos metros da igrexa de San Martiño e en pleno Camiño Inglés. O BNG demandara en varias ocasións á Xunta de Galiza a consolidación das ruínas para evitar a desaparición do templo.

O BNG denunciou publicamente a desaparición das ruínas da capela de San Paio, en Tiobre. Veciños da zona puxeron en coñecemento da formación nacionalista a desaparición do pouco que ficaba en pé da vella capela, emprazada nun campo en pleno Camiño Inglés. O pasado verán aínda ficaban en pé parte dos muros da única nave con que contaba o templo e un arco da nave. O BNG betanceiro demandara en varias ocasións á Xunta de Galiza a consolidación das ruínas para evitar a desaparición do pouco que quedaba en pé do antigo templo, arredor do cal se celebraba unha concorrida romaría o 24 de agosto. Logo deste derrumbe pouco queda en pé da vella capela de San Paio, o que para o BNG supón unha perda patrimonial importante para a parroquia de Tiobre e para todo Betanzos.





Google!chuza!meneame!Technorati!Yahoo!
» Sin Comentarios
No hai ningun comentario ata agora.
» Envie seu Comentario
Email (non sera publicado)
Nome
Titulo do comentario
Comentarios
 _EASYCOMMENTS_REMAINING_CHARS
Captcha Image Regenerate code when it's unreadable
 
Site Map | Sobre a Web | Contacto | Términos e Condicions | Privacidade |Turismo Betanzos