publicidade
Inicio
O BNG pide as resolucións que cambian o tráfico no Casco Histórico PDF Imprimir
Cualificación dos usuarios: / 1
PobreDo Mellor 
Escrito por Nota de prensa BNG de Betanzos   

Ante as manipulacións dos sinais e a aparición de novos sinais autorizando o estacionamento na até a data praza peatonal de Fernán Pérez de Andrade. O PP respostou en varios plenos que non houbera cambios na normativa.

O BNG de Betanzos solicitou por rexistro copia das resolucións da Alcaldía que acordan modificacións no tránsito pola rúa do Castro, rúa Travesa e Praza da Constitución e mais permiten o estacionamento na Praza Fernán Pérez de Andrade, ata agora peatonal. Os nacionalistas entenden que estes cambios teñen que ser acordados pola Alcaldía ou a Xunta de Goberno Local. “Dado que non figuran nas actas da Xunta de Goberno, terá que ser por resolución da Alcaldía” conclúen.

Sobre este asunto e outros semellantes o BNG xa levou varias preguntas a distintos plenos. O goberno do PP respondeu sempre que non se produciran cambios na ordenación do tráfico nestas rúas. Para o BNG “resulta evidente que a realidade desborda o discurso do PP”.





Google!chuza!meneame!Technorati!Yahoo!
» 1 Comentarios
1Comentarios
em Friday, 16 de May do 2008 ás 13:42de perez
pues demostrarán una vez más lo mentirosa que es la faraldo
» Envie seu Comentario
Email (non sera publicado)
Nome
Titulo do comentario
Comentarios
 _EASYCOMMENTS_REMAINING_CHARS
Captcha Image Regenerate code when it's unreadable
 
Site Map | Sobre a Web | Contacto | Términos e Condicions | Privacidade |Turismo Betanzos