Blogs

Advertisement

Axudas da Xunta de Galicia destinadas a entidades locais

PDF Imprimir
Cualificación dos usuarios: / 0
PobreDo Mellor 
Fonte: Administrator   
chuza!

A Consellería de Presidencia achega máis de 450.000 euros a entidades locais

  • Deste total, 238.000 euros son para a contratación de auxiliares de policía local para a próxima tempada estival
  • Para o fomento do asociacionismo municipal destínanse 134.950 euros e para o funcionamento de confederacións, federacións, coordinadoras ou agrupacións de asociacións de veciños, 80.000 euros

A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza –a través da Dirección Xeral de Administración Local- achega un total de 452.950 euros en axudas destinadas a entidades locais: 238.000 euros para subvencionar a concellos galegos co fin de que realicen a contratación temporal de auxiliares de policía local para o vindeiro verán, 134.950 euros para o fomento do asociacionismo municipal a través de mancomunidades de municipios, áreas metropolitanas e consorcios e 80.000 euros para o funcionamento –programación, desenvolvemento de actividades propias e gastos correntes- de confederacións, federacións, coordinadoras ou agrupacións de asociacións de veciños de Galicia. Así sae publicado no DOG de hoxe.

Para a contratación de auxiliares de policía local para a tempada estival, os beneficiados son : Ares (2.000 euros), A Pobra do Caramiñal (6.000), As Pontes de García Rodríguez (3.000), Bergondo (1.500), Boiro (4.500), Carballo (3.500), Cedeira (3.500), Cee (1.500), Cerceda (3.000), Coristanco (1.500), A Laracha (1.500), Malpica de Bergantiños (1.500), Melide (2.000), Miño (2.500), Mugardos (1.500), Muros (1.500), Narón (4.000), Neda (1.500), Noia (7.500), Oleiros (6.500), Ordes (4.500), Ortigueira (1.500), Padrón (2.500), Ponteceso (1.500), Pontedeume (2.500), Porto do Son (1.500), Rianxo (3.000), Ribeira (4.000), Sada (4.500) e Valdoviño (1.500) na provincia da Coruña. En Lugo, recibirán estas axudas Burela (1.500), Cervo (4.500), Chantada (7.000), Foz (2.000), Monforte de Lemos (4.500), Quiroga (2.000), Ribadeo (5.500), Sarria (2.500) e Viveiro (5.000). Tamén se achegarán subvencións aos concellos ourensás da Rúa de Valdeorras (1.500), Barbadás (1.500), O Barco de Valdeorras (2.000), O Carballiño (2.000), Celanova (1.500), Ribadavia (2.000), Verín (2.500) e Xinzo de Limia (1.500) e aos municipios pontevedreses da Estrada (2.000), A Illa de Arousa (1.500), Baiona (14.000), Cambados (7.000), Gondomar (4.000), O Grove (9.000), A Guarda (4.500), Marín (6.000), Meaño (1.500), Moaña (8.000), Mondariz (1.500), Nigrán (8.000), Poio (2.500), O Porriño (4.000), Redondela (4.500), Sanxenxo (20.000), Tomiño (1.500) e Tui (2.500).

As axudas para o fomento do asociacionismo municipal teñen como obxectivo a realización de estudos e proxectos para a constitución de mancomunidades, áreas metropolitanas e consorcios e tamén se adican a gastos de funcionamento das entidades intermunicipais xa constituídas. Os 134.950 euros repártense da seguinte maneira: Mancomunidade do Salnés (12.450), Mancomunidade Terras de Deza (12.000), Consorcio das Mariñas (12.000), Mancomunidade de municipios da Comarca de Verín (10.500), Mancomunidade dos concellos do Carballiño (12.000), Mancomunidade Terra de Celanova (12.000), Mancomunidade da área intermunicipal de Vigo (8.000), Mancomunidade dos concellos Serra da Barbanza (8.000), Mancomunidade do Ribeiro (8.000), Mancomunidade de concellos do val Miñor (5.000), Concello de Piñor (5.000), Mancomunidade de concellos de Santa Águeda (5.000 euros), Mancomunidade de municipios de Terra Chá (5.000), Mancomunidade de municipios Arousa Zona Norte (5.000), Mancomunidade de municipios da comarca de Ordes (5.000), Mancomunidade de concellos galegos do Camiño Francés (5.000), Mancomunidade intermunicipal do Baixo Miño (2.500) e Mancomunidade turística dos municipios do carballiño, Ribadavia, Boborás e Leiro (2.500).

Doutra banda, os 80.000 euros para o funcionamento de confederacións, federacións, coordinadoras ou agrupacións de asociacións de veciños de Galicia distribúense deste xeito: Confederación Galega de AA.VV. Rosalía de Castro (10.000 euros), Federación de AA.VV. de Lugo Lucus Augusti (8.000), Federación de AA.VV. de Ourense Limiar (7.000), Federación de AA.VV. Salvador de Madariaga (7.000), Federación de AA.VV. da Coruña e Área Metropolitana (7.000), Federación de AA.VV. de Vigo Eduardo Chao (7.000), Federación de AA.VV. Castelao (6.000), Federación de AA.VV. Terra Miño (5.000), Federación de AA.VV. Val de Arnoia (5.000), Agrupación de AA.VV. da zona rural de Ferrol (3.500), Federación de AA.VV. da Mezquita (3.000), Federación de AA.VV. da Rede Cidadá de Foz (2.500), Federación da AA.VV. de Ferrol Roi Xordo (2.000), Unión de AA.VV. e culturais da cidade de Lugo (2.000), Federación de AA.VV. Ría de Marín (2.000), Federación de AA.VV. do Carballiño (1.500) e Federación de AA.VV. Área Rural das Pontes O Carabelo (1.500 euros).





Digg!Google!meneame!Technorati!Yahoo!
» Sin Comentarios
Non.
» Envie seu comentario
Email (no sera publicado)
Nome
Titulo do comentario
Comentario
 palabras disponibeis.
Captcha Image Regenerate code when it's unreadable