|
Atópase situado na Praza de San Roque. Foi fundado por Antonio Sánchez de Taibo no século XVII, co obxectivo de albergar aos habitantes de Betanzos e aos peregrinos do Camiño Inglés a Santiago. As numerosas reformas sufridas polo edificio fan que só conserve da fábrica orixinal un sinxelo claustro, así como o arco e as escaleiras de acceso á planta alta.
Actualmente alberga o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución |
|
|
Están situadas na Praza do Mestre Jose Dapena.
A súa construción foi custeada polos irmáns que lle dan nome, a principios do século XX.É un edificio onde se perciben tendencias ecléctico-historicistas. |
|
|
Situadas na Rúa dos Cabildos, ao oeste da Igrexa de San Francisco, no lugar que antes ocupaba o seu claustro, os irmáns García Naveira construíanas en 1917, sobre un proxecto do arquitecto Rafael González Villar.
|
|
|
Está situado na Praza de San Roque, á beira do que antes foi a capela de San Roque e hoxe é unha oficina bancaria. Data do século XVIII e componse de planta baixa e piso, este con balcón na fachada, presentando como remate da mesma un escudo da cidade. Tiña o Colexio na súa parte traseira un edificio coetáneo, que foi destruído en 1950. Na actualidade alberga servizos municipais. |
|
|
Situada na Rúa da Rúa Nova,só conserva da súa fábrica orixinal o pórtico ojival (século XV), xa que o resto foi destruído por un incendio no século XVII. O edificio foi reparado grazas ás contribucións económicas dos pobos da antiga " Provincia de Betanzos ".Na actualidade está destinado a sedede a Policía Municipal. |
|
|
Está situada na Rúa Travesa.
Foi construída en 1918 baixo a dirección do arquitecto Rafael González Villar. O seu estilo pode tacharse de modernista, aínda que con certos matices. |
|
|
Está situada na parte máis elevada do castro de Untia -Praza da Constitución-, sobre o que se asenta o casco antigo da cidade de Betanzos. É un edificio de planta baixa e dous pisos, de estilo neoclásico, que foi deseñado no século XVIII polo arquitecto Ventura Rodríguez. |
|
|