A variación interanual do IPC sitúase en Galicia no 4,4% ao rematar o mes de febreiro.
- Os grupos con mellor comportamento no mes de febreiro foron “Vestido e Calzado” e “Alimentos e Bebidas non alcohólicas” e “Comunicacións”.
- Ourense foi a provincia galega na que se reduciron os prezos durante o pasado mes
A variación interanual do IPC situouse en Galicia no 4,4% ao finalizar o mes de febreiro. Con este rexistro, o nivel de prezos respecto do mesmo mes do ano anterior sitúase ao mesmo nivel que a media do conxunto de España. Así o reflicten os datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estadística, que recollen tamén que o Índice de Prezos ao Consumo (IPC) se incrementou o pasado mes, un 0,1%, unha décima menos que a media española.
Na evolución por capítulos, os grupos que presentaron un mellor comportamento en febreiro foron “Vestido e Calzado”, onde os prezos decreceron un -1,4%, “Alimentos e Bebidas non alcohólicas” (- 0,2%) e “Comunicacións” onde baixaron un -0,1%. Pola contra, os grupos que presentan unha subida dos prezos máis elevada son “Bebidas alcohólicas e tabaco” (1,0%) e “Ocio e Cultura” (0,8%).
Na evolución interanual, os grupos que tiveron un comportamento menos inflacionista foron o de “Medicina” e o de “Ocio e Cultura” nos que os prezos baixaron un -1,5% e un -0,5% respectivamente. Por outra banda, os grupos cunha maior suba dos prezos foron “Transporte” (7,3%), “Alimentos e bebidas non alcohólicas” (6,7%) e “Vivenda” (6,4%).
Índices provinciais
En relación cos índices provinciais, Ourense é a provincia galega que presenta unha baixada dos prezos en termos intermensuais co -0,1%. No que a variación interanual se refire, A Coruña é a provincia na que menos se incrementan os prezos cun 4,3%, mentres que a máis inflacionista é Lugo cun 4,6%.
| |
IPC Intermensual |
IPC Acumulado |
IPC Interanual |
| GALICIA |
0,1 |
- 0,8 |
4,4 |
| ESPAÑA |
0,2 |
- 0,5 |
4,4 |
| |
IPC Intermensual |
IPC Acumulado |
IPC Interanual |
| A CORUÑA |
0,2 |
- 0,7 |
4,3 |
| LUGO |
0,1 |
- 1,2 |
4,6 |
| OURENSE |
- 0,1 |
- 0,5 |
4,5 |
| PONTEVEDRA |
0,1 |
- 0,9 |
4,5 |
Variacións porcentuais dos 12 grupos sobre o ano anterior
| |
Galicia |
España |
| Alimentos e bebidas non alcohólicas |
6,7 |
7,0 |
| Bebidas alcohólicas e tabaco |
3,4 |
3,9 |
| Vestido e calzado |
0,7 |
0,8 |
| Vivenda |
6,4 |
5,3 |
| Enxoval |
2,9 |
2,6 |
| Medicina |
- 1,5 |
- 1,8 |
| Transporte |
7,3 |
7,3 |
| Comunicacións |
0,8 |
0,9 |
| Ocio e cultura |
- 0,5 |
- 0,5 |
| Ensino |
4,3 |
3,8 |
| Hoteis, cafés e restaurantes |
4,8 |
4,8 |
| Outros |
3,0 |
3,1 |
| |
|
|
| Xeral |
4,4 |
4,4 |
 
» Sin Comentarios
» Envie seu comentario
|