|
O Consorcio Audiovisual de Galicia convoca a segunda edición do Programa de promoción dos documentais Docs Galicia 08.
A convocatoria do 2008 presenta algunhas novidades con respecto á primeira:
- As produtoras dos documentais seleccionados recibirán, cada unha delas, unha axuda económica para a promoción e difusión dos seus documentais en mercados e festivais nacionais e internacionais. Esta subvención terá un importe máximo de 4.500 euros.
- O catálogo conterá un máximo de catro documentais.
- Os documentais ademais da versión subtitulada ao inglés incorporarán outra versión subtitulada ao francés e as fichas individuais estarán en catro idiomas (galego, castelán, inglés e francés).
Bases:
1. Obxecto.
1. O obxecto desta convocatoria é a promoción e difusión dos documentais realizados no ámbito da
Comunidade Autónoma de Galicia, por medio da elaboración dun catálogo promocional da forma que a
continuación se detalla:
O catálogo conterá un máximo de catro documentais, seleccionados en réxime de concorrencia
competitiva de entre todos os producidos na Comunidade Autónoma de Galicia, que cumpran con
cantos outros requisitos estableza a presente convocatoria, para a súa difusión entre os sectores e
institucións involucrados na actividade audiovisual de Galicia e nos festivais e foros máis importantes
neste formato.
2. Para os efectos desta convocatoria, considéranse documentais aquelas producións informativas dalgún
aspecto da realidade sen empregar como principal instrumento a ficción.
3. Atendendo á natureza promocional do Programa Docs Galicia 08, os solicitantes deberán autorizar
ao Consorcio Audiovisual de Galicia, nos termos recollidos no Anexo VI, para que este desenvolva e
promova as actividades ás que se refire esta convocatoria e para que poida incorporar, nos soportes
promocionais que se confeccionen, unha parte ou a totalidade das obras seleccionadas.
4. Os documentais que resulten seleccionados para ser incluídos no catálogo promocional no Programa
Docs Galicia 08, recibirán unha axuda económica para apoiar a promoción e difusión dos mesmos en
mercados e festivais nacionais e internacionais de documentais.
2. Contía.
O importe máximo das axudas previstas nesta resolución é de 18.000 euros, que se imputará ao capítulo VII
do presuposto de gastos do Consorcio Audiovisual de Galicia para o exercicio 2008.
O importe máximo para cada documental seleccionado será de 4.500 euros.
3. Beneficiarios.
Poderanse acoller ao Programa Docs Galicia 08 as produtoras, sexan persoas físicas ou xurídicas, legalmente
constituídas en Galicia ou establecidas nun Estado Membro da Unión Europea con sede permanente en Galicia
e que teñan dereitos suficientes sobre a obra audiovisual presentada. As produtoras solicitantes deberán estar
inscritas no Registro de Empresas do Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales (en adiante,
ICAA), debendo presentar certificado ao efecto.
4. Órgano de xestión
Correspóndelle ao Consorcio Audiovisual de Galicia a realización das tarefas de xestión necesarias para a
confección do catálogo e demais actividades de promoción previstas na convocatoria.
5. Lugar e prazo de presentación de solicitudes
As solicitudes, xunto coa documentación necesaria, poderán presentarse na sede do Consorcio Audiovisual
de Galicia (Rúa do Hórreo, 61 - 15702 Santiago de Compostela) ou por calquera dos medios indicados no
artigo 38.4 da Lei 30/1992.
O modelo de solicitude poderase obter no enderezo de Internet www.consorcioaudiovisualdegalicia.org ou
ben na propia sede do Consorcio.
O prazo de presentación das solicitudes é de 1 mes dende o día seguinte ao anuncio desta Resolución no
Diario Oficial de Galicia.
Non se tomarán en consideración aquelas solicitudes que non acheguen a documentación establecida no
apartado 7 destas bases.
Unha vez analizada a solicitude e a documentación que hai que acompañar, se se observase a existencia de
defectos, comunicaráselle ao solicitante e concederáselle un prazo de dez días para a súa emenda, polos
mesmos medios que os sinalados neste punto. No caso de non emendar o defecto, ou de facelo de modo
inadecuado, entenderase que desiste da solicitude formulada.
6. Gastos subvencionables.
Entenderanse como gastos subvencionables, a efectos da presente convocatoria, os seguintes:
a. O transporte de materiais a festivais, mercados ou mostras cinematográficas.
b. A inscrición, desprazamento e aloxamento das delegacións participantes, cun máximo de dous
representantes.
c. A tiraxe das copias necesaria para a proxección do documental nos mercados e festivais nos que
participe.
d. Elaboración de material de difusión (plotters, dípticos, folletos, etc.)
7. Documentación
As solicitudes formalizaranse nos modelos de instancia que figuran como anexos.
A. Formulario de solicitude (Anexo II).
1. Documentación relativa á persoa/entidade:
a. Cando se trate de persoas físicas:
- Copia do DNI.
b. Cando se trate de persoas xurídicas:
- Copia da tarxeta de identificación fiscal (CIF).
- Copia da escritura de constitución da empresa.
- Copia do DNI do Representante legal da persoa xurídica, así como acreditación do poder de
representación que exerza.
c. Tanto para persoas físicas como xurídicas:
- Copia de alta no Imposto de Actividades Económicas (IAE).
- Copia do certificado de inscrición no Registro de Empresas do ICAA.
No relativo á documentación solicitada nos apartados a, b e c, achegarase copia compulsada ou,
se non, presentarase orixinal e copia para a súa verificación no Consorcio.
Se o solicitante xa achegou esta documentación noutra convocatoria e non sufrira variacións, non
será necesario achegala de novo. De ser o caso, presentarase unha declaración asinada polo
Representante legal da empresa neste sentido, indicando a convocatoria na que foi presentada,
de acordo co artigo 35 f) da Lei 30/1992, de 26 de novembro.
2. Documentación relativa á actividade e aos materiais:
- Declaración do Representante legal da empresa de que o documental foi realizado entre o 1 de agosto
de 2006 e o 31 de decembro de 2007, ambos incluídos.
- Declaración do Representante legal da empresa na que certifique que a produtora ten copia física en
propiedade e de que ten a dispoñibilidade total sobre esta en formato Betacam SP ou dixital, indicando
o formato da copia que se poría á disposición do Consorcio en caso de ser seleccionado.
- A ficha técnica e artística do documental (Anexo III).
- Sinopse do documental, biofilmografía e datos de contacto do director (Anexo IV).
- Plan de promoción do documental indicando:
a) Festivais e/ou mercados aos que foi presentado e/ou os que teña previsto presentarse o
documental que opta á presente convocatoria, así como calquera premio ou mención obtido.
b) Relación de asistentes prevista aos festivais e/ou mercados citados (Anexo V).
- Fotografía e copia do DNI do director en soporte dixital (alta calidade; *.tif).
- Catro fotografías en formato dixital (alta calidade; *.tif) do documental.
- Unha copia da obra audiovisual en formato DVD vídeo.
- Listado de diálogos da versión do guión orixinal e en inglés con códigos de tempo, en soporte dixital.
B. Declaración asinada de cesión dos dereitos de explotación: Reprodución, Distribución, Exhibición e
Comunicación Pública, co único obxecto de executar o Docs Galicia 08 e sempre baixo a denominación de
dito Programa (Anexo VI).
C. Declaración de axudas solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade (Anexo VII).
8. Compatibilidade
A participación neste Programa será compatible con calquera outra axuda concedida por outras entidades
para a mesma finalidade. Deberase presentar unha declaración de axudas solicitadas/recibidas por outras
Administracións Públicas ou outros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, empregando o
modelo que figura como Anexo VII.
9. Tramitación, Comisión de Selección e Criterios de Valoración
1. Para seleccionar as obras audiovisuais presentadas que pasarán a formar parte do catálogo
promocional, reunirase unha Comisión de Selección para a análise das solicitudes, conforme aos
principios establecidos no artigo 5.2 da Lei de Subvencións.
2. A Comisión de Selección estará integrada por:
- Presidente: o Director-Xerente do Consorcio Audiovisual de Galicia.
- Vogais: 3 vogais nomeados entre expertos do sector audiovisual.
- Secretario: o secretario do Consello de Dirección do Consorcio Audiovisual de Galicia actuará
como secretario da Comisión, con voz e voto.
3. O catálogo promocional incluirá un máximo de catro documentais, seleccionados pola Comisión en
base aos seguintes criterios:
- Interese da temática do documental.
- Tratamento.
- A calidade da realización do documental, utilización de recursos técnicos e a dirección.
- A adaptabilidade do documental aos distintos mercados, segundo o Plan de promoción
presentado.
4. Os membros da Comisión de Selección non poderán ter participación persoal nin profesional, nin
relación empresarial coas produtoras dos documentais obxecto da selección.
10. Resolución, notificación e publicidade
1. Á vista da proposta motivada de acordo cos criterios do punto 9.3 das bases formulada pola Comisión
de Selección, o Director-Xerente ditará Resolución na que estableza as producións audiovisuais
seleccionadas para formar parte do catálogo promocional e notificarállela aos interesados.
2. A Resolución ditarase no prazo máximo de 2 meses, dende a finalización do prazo de recepción de
solicitudes.
3. Transcorrido este prazo sen que se notifique Resolución expresa, as solicitudes entenderanse
desestimadas por silencio administrativo, podendo interpoñer Recurso de Alzada ante o Consello de
Dirección do Consorcio Audiovisual de Galicia, nos prazos e cos requisitos que establece o artigo 115
da Lei 30/1992.
4. Na notificación deberá constar que a Resolución non esgota a vía administrativa e cabe contra ela
Recurso de Alzada ante o Consello de Dirección do Consorcio Audiovisual de Galicia, nos prazos e cos requisitos que establece o artigo 115 da Lei 30/1992.
5. A publicidade dos documentais seleccionados efectuarase segundo se establece no artigo 13.4 da
Lei 4/2006, do 30 de xuño, de Transparencia e de Boas Prácticas na Administración Pública Galega,
mediante a publicación da selección na web do Consorcio: www.consorcioaudiovisualdegalicia.org
6. De conformidade coa Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter
Persoal, os seus datos persoais son obxecto de tratamento nun ficheiro. Poderán exercitarse os dereitos
de acceso, rectificación, consulta, cancelación e oposición mediante escrito dirixido ao Consorcio
Audiovisual de Galicia, con enderezo na Rúa Hórreo 61-1º-15702-Santiago de Compostela.
11. Aceptación e renuncia
Sen prexuízo dos recursos que procedan contra a resolución de concesión, transcorridos quince días naturais
desde a notificación ou publicación desta sen que o interesado comunicase expresamente a súa renuncia á
axuda entenderase que a acepta, e desde ese momento adquirirá a condición de beneficiario.
A renuncia á axuda poderase facer axustándose ao modelo que se inclúe como anexo VIII, así como por
calquera outro medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 91 da Lei 30/1992.
No caso de que se comunicase a renuncia en prazo, o Director-Xerente do Consorcio ditará a correspondente
resolución nos termos do artigo 42.1º da Lei 30/1992.
12. Dereitos dos beneficiarios
1. A recibir material promocional elaborado para o Programa Docs Galicia 08.
2. Á realización do subtitulado ao inglés e ao francés para a edición do DVD do catálogo.
3. Á inscrición nunha selección de festivais e mercados de ámbito nacional e internacional, recibindo
comunicación no caso de ser seleccionados para participar nalgunha das seccións dos mesmos, co fin
de que poidan enviar todo o solicitado polo evento do que se trate.
4. A que se lle dea a máxima difusión ao seu documental nos eidos do resto do Estado e no internacional,
garantindo a súa distribución entre programadores e responsables de compra de distintas canles e
salas de exhibición.
5. Á devolución da copia do documental facilitada ao Consorcio, nun prazo máximo de 2 anos despois de
seren inscritas no Programa Docs Galicia 08 e, en todo caso, antes do 31 de decembro de 2010.
13. Obrigas dos beneficiarios
1. Entregar ao Consorcio unha copia en Betacam SP ou dixital, para levar a cabo as proxeccións que se
realicen dentro do Programa Docs Galicia 08. A copia deberá estar subtitulada ao inglés para a súa
promoción internacional, para o cal o Consorcio Audiovisual de Galicia proporcionará unha copia do
DVD subtitulado.
2. Facilitar ao Consorcio calquera tipo de información e material sobre o documental que requira, ao único
obxecto de acadar, da mellor forma posible, os fins do Docs Galicia 08.
3. Ter mensualmente informado ao Consorcio das modificacións que sufra o plan de promoción en festivais
e mercados, co fin de non duplicar esforzos, así como dos recoñecementos que se obteñan.
4. Pór en coñecemento do Consorcio os datos de distribución e venda dos dereitos do documental.
5. Proporcionar en todo momento a información que lle sexa requirida en relación a este Programa e
someterse ás actuacións de comprobación do Consorcio Audiovisual de Galicia, da Intervención Xeral
da Comunidade Autónoma, Tribunal de Contas, Consello de Contas e doutros órganos competentes.
6. Aceptar a participación dos documentais incluídos no catálogo Docs Galicia 08 en todas as accións
de promoción e difusión que leve a cabo o Consorcio Audiovisual de Galicia en misións comerciais,
asistencia a mercados, semanas de cine, etc.
14. Modificación dos proxectos seleccionados
Toda alteración das condicións tidas en conta para a selección e, en todo caso, a obtención concorrente
de subvencións ou axudas outorgadas por outras Administracións Públicas ou entes públicos ou privados,
nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da Resolución.
15. Xustificación das axudas e pago
Os beneficiarios deberán presentar a seguinte documentación antes do 15 de decembro de 2008 para
proceder ao pago da axuda:
• Relación actualizada das persoas asistentes ao festival, mercado, foro ou misión comercial, indicando
as datas de celebración dos citados eventos.
• Documento oficial (invitación, inscrición), expedido polo ente organizador, que xustifique a inscrición
da/s persoa/s no evento presentado nesta convocatoria.
• Copia compulsada da factura dos gastos de viaxe (billetes de avión, tren, autobús) e aloxamento
(hoteis), que cubran polo menos o 60% do tempo de duración do evento e non máis do 140% e cun
límite máximo de 3.000 euros.
• Copia compulsada da factura dos gastos de transporte de materiais, cun límite máximo de 2.000
euros.
• Copia compulsada da factura dos gastos da tiraxe das copias realizadas do documental para a súa
proxección nos mercados e festivais nos que participe, cun límite máximo de 2.000 euros.
• Copia compulsada da factura dos gastos de elaboración do material de difusión, cun límite máximo de
2.000 euros.
 
» Sin Comentarios
» Envie seu comentario
|