A Policía Autonómica xa detivo a 21 supostos incendiarios no que vai de ano |
|
|
|
Fonte: Administrator
|
|
A Policía Autonómica detén un home como presunto autor dun incendio forestal en Noia
Funcionarios da Xefatura Local da Unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia en Santiago informaron hoxe da detención de J.M.C.G., un home de 74 anos, como presunto autor dun incendio forestal que aconteceu no lugar de Obre de Abaixo, na parroquia de Obre, no concello de Noia (A Coruña).
O lume que se lle imputa tivo lugar o pasado día 14 de febreiro, e nel resultaron afectadas 0,2 hectáreas de monte arborado e raso. As lapas iniciáronse a causa da neglixencia na realización dunha queima de restos de maleza na que non se adoptaron as normas de seguridade prescritas. Isto permitiu que o lume se propagase pola vexetación máis próxima, o que deu lugar ao incendio e fixo necesaria a presenza dos servizos de extinción da Xunta de Galicia.
Por estes feitos, instruíronse dilixencias que se remitiron ao Xulgado de Instrución de garda de Noia. Con detención, a Policía Autonómica xa ten posto a disposición xudicial a 21 persoas por delitos relacionados cos incendios forestais.
» Sin Comentarios
» Envie seu comentario
|