Mércores, Marzo 10, 2010
   
Text Size

Campaña de Veran 09 da Xunta de Galicia - campamentos

Galicia - Axenda

Avaliación do usuario: / 0
RuínMellor 

Os mozos/as betanceiros poden achegarse pola OMIX para participar nos campamentos de verán da Xunta

A Oficina Municipal de Información Xuvenil ten á disposición dos mozos/as da comarca brigantina a información precisa para que poidan realizar os trámites necesarios para obter unha praza dentro da Campaña de Veran 09 da Xunta de Galicia.

Esta consiste básicamente nunha serie de campamentos e actividades que se organizan tanto na comunidade autónoma galega como no resto do territorio nacional. Os participantes  que deben ter entre 9 e 18 anos acudirán a albergues en diferentes períodos de entre unha semana e quince días entre os meses de xullo e agosto.


Os que desexen acudir a algún destes campamentos deben solicitar praza antes do martes 24 de marzo, podendo obter importantes descontos si son posuidores do Carne Xove.

Na Oficina Municipal de Información Xuvenil de Betanzos, na rúa Emilio Romay sen nº poderán obter impresos e máis información acerca desta campaña lúdica. Por outra banda a Xunta de Galicia tamén acaba de lanzar outra campaña similar baixo o nome de “Acción de verán 09” dirixida para rapaces/as de entre 18 e 35 anos. O prazo para reservar praza nestas actividades está aberto dende o pasado 9 de marzo. As consultas ao respecto ademáis de poder realizarse físicamente na OMIX, tamén poden efectuarse a través do teléfono 981 77 13 00 ou do email: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo , ou ben consultando a páxina web da xunta: www.xuventude.net

As actividades son variadas e inclúen:

  • - Curso de mergullo recreativo
  • - Multiaventura con esqui náutico, rutas en kaiak, excursións, etc.
  • - Rutas de achegamento ao kaiak de mar
  • - Travesía en embarcacións tradicionais
  • - O noso mar desde a cuberta que inclue tres días de convivencia nun barco clásico ao longo do mar de Galicia, con nocións de navegación e vela para a navegación nas augas abertas da plataforma e nas rías, ademáis de diferentes artes de pesca e a identificación de cetáceos e aves mariñas.
  • Se tedes dúbidas consultade na OMIX


Só podedes reservar dúas prazas.

Locais de ensaio


Por outra banda dende a Oficina de Información Xuvenil tamén se ben de informar aos grupos betanceiros que utilizan os locais de ensaio da convocatoria do 2º Certame MusicaXove´09 do Concello de Santiago de Compostela. Dende a OMIX considerouse interesante difundir esta información pois os grupos musicais participantes poden alzarse con premios que van dos 500 aos 2000 €, ademáis da gravación dun CD colectivo