Blogs

Advertisement

Servizo de autobuses de gratuíto aos visitantes das Fragas do Eume

PDF Imprimir
Cualificación dos usuarios: / 0
PobreDo Mellor 
Fonte: yoba   
Google!

chuza!

meneame!

Technorati!

fragas do eume curruncjoConsellería de Medio Ambiente pón a disposición dos visitantes das Fragas do Eume un servizo de autobuses de gratuíto entre o 16 e o 23 de marzo, coincidindo coa Semana Santa

  • Os vehículos particulares deberán ser estacionados nos aparcamentos existentes nas Xunqueiras de arriba e abaixo, a escasos metros do Centro de Interpretación (situado en Ombre, Pontedeume), de onde partirán os autobuses
  • O transporte colectivo funcionará dende as 10 da mañá ata as 7 da tarde, cunha frecuencia, en ambos sentidos, de media hora
  • O servizo é totalmente gratuíto, pero é imprescindible que os viaxeiros collan previamente os billetes no centro de interpretación de visitantes de Ombre, tanto para subir como para baixar dende Caaveiro
  • O autobús fará tres paradas ao longo do recorrido, ademais da saída desde o Centro de Recepción e de Caaveiro; unha na alameda; outra no refuxio e a ponte de Cal Grande (o inicio da Ruta dos Encomendeiro) e outra no refuxio e ponte de Figueira

A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible poñerá, como ven sendo habitual por estas datas, un servizo de transporte colectivo a disposición das persoas que queiran visitar as Fragas do Eume entre o 16 e o 23 de marzo, coincidido coa celebración da Semana Santa. Con esta medida, preténdese facilitar unhas axeitadas condicións de acceso a este espazo natural.

Así, durante as datas sinaladas, limitarase a circulación do tráfico rodado pola vía que descorre paralela ao río ata o entorno do Mosteiro de Caaveiro, dende onde se internan nas Fragas do Eume a meirande parte das persoas que as visitan. Por iso, os visitantes que se acheguen ata o parque natural por Ombre (Pontedeume) deberán deixar o seu vehículo nos estacionamentos existentes nos lugares denominados Xunqueira de arriba e de abaixo, a escasos metros do Centro de Interpretación, onde as persoas que así o desexen poden recibir información sobre o espazo natural e os seus valores.

Os autobuses funcionarán, de xeito totalmente gratuíto, dende o domingo día 16 ata o domingo 23, en horario de 10 da mañá a 7 tarde. O servizo de transporte terá unha frecuencia de 30 minutos en ambos sentidos. As persoas que desexen utilizar este servizo, totalmente gratuíto, para os usuarios, deberán retirar con anterioridade o seu correspondente billete no centro de interpretación de visitantes, en Ombre, tanto para subir como para baixar dende o Mosteiro de Caaveiro. Deste xeito, garántese un mellor servizo aos visitantes, ao dispor con antelación do número de usuarios potenciais.

Durante o seu percorrido, os microbuses farán paradas intermedias nos lugares de Alameda, Cal Grande e Figueiro, de tal xeito que os visitantes poidan gozar dos espazos do parque ao longo dos sendeiros e camiños existentes.

Horarios dos autobuses

SAÍDA Centro Recepción SAÍDA Caaveiro
10:00 10:30
10:30 11:00
11:00 11:30
11:30 12:00
12:00 12:30
12:30 13:00
13:00 13:30
13:30 14:00
15:30 16:00
16:00 16:30
16:30 17:00
17:00 17:30
17:30 18:00
18:00 18:30
19:00


Actividades artesanais

Coincidindo tamén coa Semana Santa, entre o 18 e o 23 de marzo, o Centro de Interpretación das Fragas do Eume acollerá unhas xornadas de promoción artesanal, organizadas pola Asociación de Artesáns do Eume, nas que colabora, entre outros, a propia Consellería de Medio Ambiente. Nas actividades participan un total de doce artesáns (canteiros, escultores, ceramistas, e cesteiros, entre outros), que estarán no centro en horario de mañá (as 12.00 horas) e tarde (as 17.00 horas). As xornadas concluirán cunha exposición conxunta da Asociación de Artesáns do Eume o domingo 23.





Digg!Yahoo!
» Sin Comentarios
Non.
» Envie seu comentario
Email (no sera publicado)
Nome
Titulo do comentario
Comentario
 palabras disponibeis.
Captcha Image Regenerate code when it's unreadable