A Consellería de Presidencia achega máis de 450.000 euros a entidades locais
Deste total, 238.000 euros son para a contratación de auxiliares de policía local para a próxima tempada estival
Para o fomento do asociacionismo municipal destínanse 134.950 euros e para o funcionamento de confederacións, federacións, coordinadoras ou agrupacións de asociacións de veciños, 80.000 euros
A Consellería de Traballo establece por primeira vez axudas para a asistencia técnica e formación dos traballadores autónomos que apoiará con preto de 40 millóns de euros o fomento do traballo autónomo
As persoas interesadas poden solicitar estas subvencións ata o 15 de xullo deste ano
A Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar convoca a “Prestación económica de pagamento único por fillos e fillas menores de 3 anos para o ano 2008”.
Esta axuda consiste nun pagamento único de 360 € por cada fillo/a a cargo menor de 3 anos.
Comeza o prazo de inscrición para a sexta edición do concurso 'Déixao e Gaña 2008', unha iniciativa da Consellería de Sanidade para deixar de fumar gañando saúde e interesantes premios.