|
Fonte: Extraida da Web do concello de Betanzos.
|
|
Betanzos é unha cidade que pola súa cultura e historia é especialmente rica en realización de actos que supoñen unha mestura perfecta entre tradición, culto relixioso e como non co carácter lúdico que ao longo do tempo foron adquirindo estas celebracións. Algunhas son:
|
Ten lugar o 8 de Setembro na Parroquia da Nosa Señora do Camiño. Son masivas as ofrendas que esta virxe recibe. Durante todo ese día son continuas as celebracións relixiosas, así como o continuo desfilar de romeiros cumprindo todo tipo de ofrecementos realizados á Virxe dos Remedios. Pola tarde é de destacar a Procesión, na cal a Virxe é portada polos fieis nun percorrido por todo o barrio, que parte da Igrexa e vai ata a Praza de Enrique IV, volvendo ao Templo , e acompañada durante todo o traxecto por infinidade de crentes, así como pola Banda Municipal de Música de Betanzos.
|
|
|
Betanzos distínguese pola calidade das procesións que teñen lugar durante o Xoves e Venres Santo, as cales se ven completadas con diversas actividades de carácter cultural-relixioso tales como actuacións da Coral Polifónica e a Banda de Música de Betanzos.
|
|
|
Tradición arraigada en toda Galicia, pero de forma especial en Betanzos. As actividades desenvólvense principalmente ao longo do luns e en martes de entroido (festivo local). Teñen lugar distinto desfiles, tanto de carruaxes como de disfraces. O luns pola noite son masivos os disfraces que se poden observar en toda a cidade. O martes ao longo de toda a tarde noite ten lugar a entrega de premios aos mellores disfraces, tanto individuais como colectivos.
O mércores pola tarde prodúcese o famoso enterro da sardiña, onde se satiriza e ironiza sobre os aspectos máis relevantes da vida da cidade, guindando o féretro na histórica Ponte Vella de Betanzos.
|
|
|
O queixo é un produto con importante arraigo en toda a comarca brigantina. Conscientes disto, así como da importancia do sector agrícola na mesma, e para potenciar tamén os mercados semanais onde se expoñen principalmente productos do campo, e as feiras quincenais, ten lugar ao principio da primavera a “Feira do Queixo e Xornada do Repolo”, na que se poden degustar e comprar todo tipo de queixos do país (queixo fresco, curado e semicurado).
Realízase tamén unha exposición de gran variedade de produtos tradicionais da agricultura e gandaría da zona, así como unha degustación de repolo con carne e con bacaleu (típicos da cidade).
Na liña de premiar a calidade dos produtos autóctonos, existente un concurso de calidade de queixo, seleccionado por un xurado cualificado no que aparecen membros da Consellería de Sanidade, de Empresas Queixeiras, do Gremio Hosteleiro, Amas de Casa, etc…
|
|
|
Betanzos ten unha antiga tradición de colleiteiros de viño e de reunións familiares e de amigos en bodegas dos mesmos. Para enxalzar aínda máis este producto autóctono realízase todos os anos no segundo fin de semana do mes de maio , a Festa do Viño de Betanzos. Nela poden degustarse os viños máis selectos de orixe betanceira, complementando a festa con postos variados de Gastronomía e Entretemento.
O domigo pola noite dáse a coñecer o nome do colleiteiro gañador do concurso de calidade nas dúas variedades existentes: Viño Branco e Viño Tinto. O número de visitantes á nosa cidade nese fin de semana acada de forma habitual as 15.000 persoas.
|
|
|
Ten lugar no segundo fin de semana do mes de xullo e supón unha volta atrás no tempo. Durante estas datas todo o casco antigo betanceiro, convértese nunha cidade “Tipicamente medieval “, na que aparecen diversos postos de artesáns, con actividades da época, así como gran variedade de representacións teatrais e música de rúa, durante os tres días en cuestión. Cabe destacar tamén o grao de participación de todos os betanceiros, tanto Asociacións como Particulares e o gran número de traxes de época que se poden ver na nosa cidade durante esas datas.
|
|
|
Teñen lugar no mes de agosto durante os días 14 ao 25, ambos inclusive. Realízanse en honor do patrón da cidade, San Roque, e están declaradas de interese cultural debido ao vario pinto programa de festexos. A afluencia de visitantes é masiva sobre todo nos días de actos tradicionais: Lanzamento do Globo e Caneiros.
|
|
|
|