|
Os días 1 e 16 de cada mes atópanse en Betanzos os máis representativos vendedores ambulantes da zona. Son moitos e moi distintos os produtos que se ofrecen ao público ( téxtil, antigüidades, artesanía, botánica, todo tipo de productos agrícolas e alimentación, etc….).
Por outra parte e no recinto adaptado ao efecto na zona de Belavista ten lugar a venda de animais (porcos, galiñas, cabalos , etc…); así como a instalación do elemento que non pode faltar en ningunha feira da nosa terra: O Polbo.
As feiras dan un impulso importante ao comercio e á hostalería brigantina , e conscientes diso tratamos de darlle a maior calidade e publicidade posible.
Existen tres feiras especialmente significativas ao longo do ano, dúas delas pola gran afluencia de xente que reciben e a outra porque se despraza ao 30 de novembro debido á festividade de San Andrés.
1 de maio: Coincidindo coa festividade do Día do Traballador Betanzos recibe unha gran cantidade de visitantes que ademais de vir á feira, pasan o día na nosa cidade.
2 de novembro: O día de Todos os Santos é un festivo no que se repite o proceso descrito anteriormente.
Feira do Galo: Coincidindo coa última feira do ano ( 16 de decembro ) ten lugar outro acontecemento que trata de dar un maior impulso aos productos do campo da comarca. Un xurado composto por representantes de todos os estamentos da cidade elixe o mellor galo. De acordo cos criterios de tamaño, a calidade e a estética do mesmo.
MERCADOS SEMANAIS: Todos os martes, xoves e sábados do ano, celébrase un mercado de produtos típicos da comarca (queixos, patacas, verduras, hortalizas, etc...) |