publicidade
Inicio
Axenda electoral do BNG PDF Imprimir
Cualificación dos usuarios: / 0
PobreDo Mellor 
Escrito por Administrator   

actos de campañas do bngO BNG repartirá o seu programa na feira do día 1.

Acto público sobre políticas de mocidade no Conservatorio.

O Director Xeral de Producción, Industrias e Calidade Agroalimentaria, Antonio Oca Fernández, acompañará a concelleiros, militantes e simpatizantes do BNG de toda a comarca das Mariñas na visita á feira.Betanzos, 26 de febreiro de 2008.

Como ven sendo tradicional en cada convocatoria electoral, o BNG das Mariñas aproveitará a feira do vindeiro un de marzo para repartir o seu programa e propostas electorais a cantos concorran á feira betanceira. Aos edís da comarca sumaranse militantes e simpatizantes, deputados provinciais e o Director Xeral de Producción, Industrias e Calidade Agroalimentaria, o nacionalista Antonio Oca. O reparto comezará na praza do Campo para percorrer as rúas do recinto feiral, visitando tamén as naves da feira do gando. A cita rematará, como ven sendo habitual, nunha das polbeiras da feira.

Acto público sobre políticas de mocidade

A Secretaria Xeral, Iria Aboi, acompañará ao Responsábel Local, Anxo Arcai, e a Paulo López e Avia González, candidatos ao Congreso e o Senado respectivamente, no acto que terá lugar no Conservatorio, o domingo 2 de marzo a partir das 18:30h.Betanzos, 26 de febreiro de 2008. Galiza Nova irrumpe na campaña electoral do BNG cun acto comarcal no que intervirá a Secretaria Xeral das mocidades nacionalistas. Iria Aboi intervirá nun acto público no Conservatorio Municipal o vindeiro 2 de marzo, acompañada de Anxo Arcai, Paulo López e Avia González. A organización xuvenil do BNG quere facer chegar aos mozos e mozas das Mariñas as propostas que para a mocidade contén o programa do BNG.
 





Google!chuza!meneame!Technorati!Yahoo!
» Sin Comentarios
No hai ningun comentario ata agora.
» Envie seu Comentario
Email (non sera publicado)
Nome
Titulo do comentario
Comentarios
 _EASYCOMMENTS_REMAINING_CHARS
Captcha Image Regenerate code when it's unreadable
 
Advertisement

Calendario

July 2008
MonTueWedThuFriSatSun
010203040506
07080910111213
14151617181920
21222324252627
28293031
Advertisement