Curtis e Industria inauguran hoxe unha rede wifi para os veciños do municipio

PDF Imprimir
Cualificación dos usuarios: / 2
PobreDo Mellor 
Concello de Curtis
Fonte: A Voz   
chuza!

O Concello de Curtis conta desde hoxe cunha rede municipal de Internet sen cables. O novo sistema permite conectarse á Rede desde múltiples lugares do municipio. O Concello e a Consellería de Innovación celebran un acto ás 12 horas na casa consistorial, onde inaugurarán o novo sistema cunha videoconferencia. No acto estarán presentes o alcalde de Curtis, Javier Caínzos Vázquez, a directora Xeral de Promoción Industrial, Helena Veiguela, e o delegado provincial, Xosé Luís Barcia.

Segundo informou a Xunta, a asignación orzamentaria da Consellería de Innovación e Industria para o desenvolvemento deste proxecto en Curtis é de 83.200 euros.

A rede de Internet municipal funcionará a través da tecnoloxía Wii Mx, unha das máis avanzadas en conexión sen cable, e que consiste nun dispositivo de conexión que transmite o sinal a través do aire e mediante ondas. O sistema compleméntase cunha rede de aparellos que emiten as ondas, trátase dunha especie de repetidores que axudan a que a intensidade do sinal sexa uniforme en todos os puntos de recepción.

A encargada de instalar este sistema foi a empresa de telecomunicacións coruñesa chamada Demotecnia.

A iniciativa que se implantará hoxe en Curtis forma parte dun programa de desenvolvido pola Consellería Innovación e Industria na que participan outros once Concellos de toda Galicia, entre os que se atopa o concello coruñés de San Saturnino. O programa pretende romper a barreira tecnolóxica que existe entre as zonas urbanas e as rurais, que contan cunha reducida conectividad a Internet a través de banda ancha na comunidade autónoma.





Digg!Google!meneame!Technorati!Yahoo!
» Sin Comentarios
Non.
» Envie seu comentario
Email (no sera publicado)
Nome
Titulo do comentario
Comentario
 palabras disponibeis.
Captcha Image Regenerate code when it's unreadable
 

Actos con motivo da celebración do día das Letras Galegas

Paderne
Miño
Sada
Oza dos Ríos
Bergondo
Arzúa
Betanzos