publicidade
Inicio arrow Galicia arrow Cursos arrow Curso básico de protección do ambiente
Curso básico de protección do ambiente PDF Imprimir
Cualificación dos usuarios: / 0
PobreDo Mellor 
Escrito por Administrator   

A Academia Galega da Seguridade Pública (AGASP) convoca un curso sobre operadores de radar, un básico de primeiros auxilios, un terceiro de protección do ambiente e dous básicos de auxiliares de policía local. A inscrición en calquera destes cursos é totalmente gratuíta, segundo saíu publicado hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A Academia tamén celebrará un curso básico sobre protección do ambiente dirixido ao persoal dos corpos de policía local de Galicia. A súa finalidade é dar a coñecer a normativa máis importante que afecta á operativa ambiental e dominar a operativa básica de actuación profesional nesta área.

Os temas que abordará esta actividade formativa serán as normas xerais de protección ambiental, a protección ambiental en Galicia, a conservación da natureza, a protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, os residuos e a súa normativa e a contaminación das augas.

Este curso, no que se poden realizar inscricións ata o 5 de maio, ten 30 prazas e desenvolverase do 12 ao 15 de maio na sede da AGASP e en horario de tarde, de 16.00 a 21.00 horas. Os asistentes recibirán ao final do curso un certificado de asistencia.





Google!chuza!meneame!Technorati!Yahoo!
» Sin Comentarios
No hai ningun comentario ata agora.
» Envie seu Comentario
Email (non sera publicado)
Nome
Titulo do comentario
Comentarios
 _EASYCOMMENTS_REMAINING_CHARS
Captcha Image Regenerate code when it's unreadable
 
Advertisement
Advertisement