publicidade
Inicio arrow Galicia arrow Cursos arrow Curso de dobraxe e lingua
Curso de dobraxe e lingua PDF Imprimir
Cualificación dos usuarios: / 0
PobreDo Mellor 
Escrito por Administrator   

O Consorcio Audiovisual de Galicia, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e APRADOGA convocan un obradoiro de dobraxe e lingua.

O curso consta de dous módulos independentes, o primeiro dirixido a directores/as, tradutores e lingüistas con experiencia contrastada na dobraxe e, o segundo, para actores e actrices de dobraxe que teñan esta como a súa profesión principal

O Consorcio Audiovisual de Galia, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Asociación de Profesionais da Rama Artística da Dobraxe de Galicia (APRADOGA) convocan un obradoiro de dobraxe e lingua. O curso consta de dous módulos independentes, o primeiro dirixido a directores/as, tradutores e lingüistas con experiencia contrastada na dobraxe e, o segundo, para actores e actrices de dobraxe que teñan esta como a súa profesión principal.

O obradoiro terá un carácter teórico-práctico. Ademais das presentacións teóricas que fagan os docentes, intentarase reproducir as condicións de traballo para experimentar coa práctica e as dificultades que se presenten para confrontar opinións e posteriormente aportar solucións ou liñas de traballo que as emenden.

Así mesmo, farase un estudo polo miúdo de cada unha das fases da produción da dobraxe nos aspectos vencellados á interpretación e á lingua e prestaráselle atención especial á fonética, á entoación e á voz.

Obradoiro para directores.

O obradoiro para directores de dobraxe, tradutores e lingüistas persegue, dun lado, xerar un grupo multidisciplinar que solvente os distintos problemas que se presentan no desenvolvemento cotiá desta actividade, e que tire proveito da experiencia única de profesionais con máis de vinte anos de oficio ás costas.

Neste sentido, persegue, ademais, levar a cabo un contraste teórico con especialistas en cada unha das materias, e gozar da posibilidade de experimentar estas achegas. Por último, pretende lograr iniciativas que sirvan para mellorar a calidade específica da dobraxe, e mesmo que incidan nos aspectos socio-lingüísticos empregando a dobraxe como “campo de probas da fala” na procura dunha lingua-padrón.

Obradoiro para actores e actrices.

O obradoiro para actores e actrices de dobraxe pretende incorporar as solucións adoptadas á dobraxe mediante o estudo e asimilación polo alumnado do curso.

O curso consta de dous módulos independentes, que teñen un prazo de inscrición diferenciado. Así, o obradoiro para directores de dobraxe, tradutores e lingüistas será de 24 horas e o obradoiro para actores de dobraxe, de 32 horas.

Os cursos vanse celebrar do 16 ao 31 de maio e do 6 ao 27 de xuño, respectivamente na Sala Audiovisual do Centro Multimedia de Galicia.

O curso será impartido por Elisa Fernández Rei, Doutora en Filoloxía Galega, profesora contratada doutora na Facultade de Filoloxía da USC; Marisa Lois, médico foniatra especialista na reeducación e adestramento da voz e Ramón Novo, asesor lingüístico da Televisión de Galicia.

Coa realización deste curso séguese a traballar no plan de formación para o 2008, que se articula mediante a subscrición de distintos convenios entre o Consorcio e as institucións educativas máis punteiras, así como a través da colaboración de distintas entidades que dan apoio e asesoramento para a elaboración dos programas das actividades formativas. Este plan é un referente da formación continua dos traballadores do sector audiovisual, no que se insertan cursos para actores, técnicos, produtores, directores, etc.

Comentarios
Añadir nuevo Buscar RSS
Escribir comentario
Nombre:
Email:
 
Título:
Por favor introduce el código anti-spam que puedes leer en la imagen.

3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."





Google!chuza!meneame!Technorati!Yahoo!
 
Advertisement
Advertisement

Búsqueda por Categoria

Hoteles
Hoteles Betanzos
Hoteles Aranga

Ultima Hora

Betanzos .Biz vaise de vacacións.

Como todo fillo de veciño voume a pillar un descanso na publicación de noticias nesta Web, de paso como xa vistes, métolle unha maniña de pintura.

Que pasedes unhas boas vacacións e unha boas festas ¡!!

Amodiño co viño e coidado co sol