publicidade
Inicio arrow Galicia arrow Cursos arrow Cursos básicos de auxiliares de policía local
Cursos básicos de auxiliares de policía local PDF Imprimir
Cualificación dos usuarios: / 1
PobreDo Mellor 
Escrito por Administrator   

A Academia Galega da Seguridade Pública (AGASP) convoca un curso sobre operadores de radar, un básico de primeiros auxilios, un terceiro de protección do ambiente e dous básicos de auxiliares de policía local. A inscrición en calquera destes cursos é totalmente gratuíta, segundo saíu publicado hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Os dous cursos básicos de auxiliares de policía local están orientados ao persoal seleccionado ou proposto previamente polos concellos que puidese prestar servizo como auxiliar de policía local de forma temporal ou a particulares interesados en participar nel con vistas a poder ser contratados como auxiliar da policía local por calquera dos concellos de Galicia.

O seu obxectivo é dotar aos auxiliares de policía local dunha formación teórica e práctica que os capacite para o posterior desempeño da súa función. Deste xeito, as materias que se tratarán serán a intervención policial, o tráfico e a seguridade viaria, a policía administrativa, os primeiros auxilios, o dereito penal e o dereito procesual-penal.

Os cursos desenvolveranse do 12 ao 16 de maio, o primeiro, e do 19 ao 23, o segundo, en horario de mañá e tarde. As solicitudes poden efectuarse ata o 6 de maio para o primeiro curso e ata o 12 para o segundo e non existe límite de prazas. O lugar de celebración será a sede da AGASP, na Estrada, e os alumnos que acrediten a súa asistencia e a participación activa en todas as súas actividades recibirán un certificado de aproveitamento ao finalizar.





Google!chuza!meneame!Technorati!Yahoo!
» Sin Comentarios
No hai ningun comentario ata agora.
» Envie seu Comentario
Email (non sera publicado)
Nome
Titulo do comentario
Comentarios
 _EASYCOMMENTS_REMAINING_CHARS
Captcha Image Regenerate code when it's unreadable
 
Advertisement
Advertisement