Abegondo creará un fondo contra a violencia de xénero PDF Imprimir Correo-e
Avaliación do usuario: / 0
RuínMellor 
Betanzos - Noticias
Escrito por Administrator   

A Opinión :O área de Benestar Social dispoñerá dun fondo de urxencia para asistir nun primeiro momento ás vítimas de malos tratos.

 O pleno do Concello de Abegondo reservará unha partida nos orzamentos do próximo ano para crear un fondo de urxencia social, dentro do área de Benestar Social, para abordar os posibles casos de malos tratos.

"O obxectivo é que se existe un caso de violencia de xénero, a vítima atope o primeiro recurso no Concello cunha axuda para saír do paso", explica o portavoz do BNG, Víctor Manuel González Meizoso, que presentou esta iniciativa ao pleno da corporación. O edil nacionalista estima en 2.000 ou 3.000 euros a partida que o Concello reservará para casos de violencia de xénero, unha cantidade non moi elevada xa que no municipio non se teñen casos comprobados de malos tratos. "E oxalá non se toque nunca", desexa González Meizoso.

A corporación municipal aprobou por unanimidad impulsar medidas e facilitar os recursos necesarios para recuperar a autonomía persoal de todas as mulleres que sofren maltrato, especialmente no ámbito psicolóxico e social ou en caso de urxencia, así como a promover o cambio de actitude social ante o fenómeno de violencia machista, con campañas específicas de sensibilización social.

Esta proposta xorde con motivo da celebración do día internacional contra a violencia de xénero, o domingo, e co obxectivo de que Abegondo desenvolva as actuacións necesarias para previr e paliar esta situación xa que, segundo o BNG, "é responsabilidade das administracións poñer a disposición do cidadán os recursos necesarios para evitar as consecuencias derivadas de calquera problemática social".