O Concello de Abegondo presenta a Guía das aves do Encoro de Abegondo- Cecebre PDF Imprimir Correo-e
Avaliación do usuario: / 0
RuínMellor 
Betanzos - Noticias
Escrito por Administrator   

A edición consta de 1.500 exemplares que estarán a disposición dos naturalistas interesados na avifauna do Espazo Natural.

O Concello de Abegondo informa de que a Concellería de Medio Rural e Medio Ambiente que dirixe a nacionalista Nuria Iglesias Gónzalez- Villamil presentou hoxe a Guía das aves do Encoro de Abegondo- Cecebre. O acto tivo lugar hoxe ás 12:00 na Aula da Natureza de Abegondo e contou coa presenza do alcalde de Abegondo, Juan José Rocha, o delegado da Consellería de Medioambiente e Desenvolvemento Sostible, Manuel Tajes, e a técnica de Sostibilidade do Concello de Abegondo, Carmen Iglesias.

A Guía das aves do Encoro de Abegondo-Cecebre recolle ao longo de 64 páxinas ilustracións a cor das aves que habitan este Lugar de Importancia Comunitaria que está incluído dentro da Rede Natura 2000 da Unión Europea. A publicación describe as características das aves migratorias e das aves sedentarias que teñen o encoro como lugar de refuxio e alimentación. As guías están a disposición das persoas que se achegan a visitar a Aula da Natureza, centro de recepción dos visitantes do espazo natural onde, entre outras cuestións, hai unha exposición permanente dos valores naturais deste importante humidal que se deben protexer.

Segundo comentou a concelleira editáronse 1.500 exemplares e 2.000 dunhas postais tamén ilustradas con varias especies de paxaros comúns no encoro que supuxeron un investimento próximo aos 7.000 euros feito pola Consellería de Medio Ambiente. Este novo material estará a disposición das persoas que se achegen á Aula da Natureza para coñecer o salientable patrimonio natural que ten acubillo nas augas do encoro. Segundo Nuria Gónzalez o esforzo humano e económico feito tanto pola administración autonómica como polo propio Concello de Abegondo son un paso máis de cara a divulgar a riqueza natural dun dos lugares máis importantes de Galicia en canto a presenza de avifauna.

No acto de presentación da Guía, tamén estiveron presentes os alumnos de primeiro de ESO do IES de Viós que participaron nunha actividade de introdución ao mundo das aves a cargo dun dos ornitólogos que habitualmente observan e anelan as aves que visitan o encoro. Neste sentido hai que salientar que a Aula da Natureza conta cun observatorio de aves á beira do encoro que pode ser utilizado polos naturalistas previa solicutude na propia Aula.