publicidade
Inicio arrow Bisbarra arrow Sada arrow Concurso de Poesía en lingua Galega de Sada
Concurso de Poesía en lingua Galega de Sada PDF Imprimir
Cualificación dos usuarios: / 0
PobreDo Mellor 
Escrito por Administrator   

Cristina Ferreiro gaña o I Concurso de Poesía en lingua Galega concello de Sada.

O Xurado do 'I Concurso de Poesía en Lingua Galega do Concello de Sada' outorgoulle o primeiro premio na modalidade absoluta (maiores de 18 anos) a Cristina Ferrero, dotado coa cantidade de 300 euros en metálico. Pola súa banda, Axel Fernández impúxose na categoría de 8 a 11 anos e recibirá un vale regalo de 200 euros para canxear en diferentes establecementos comerciais de Sada. O xurado decidiu deixar deserto o primeiro premio na categoría de 12 a 17 anos.

Os segundos premios nas modalidades de 8 a 11 anos e de 12 a 17 anos recaeron en Iván López e Iago Rey, respectivamente. Ambos os dous están dotados con cadanseu vale-regalo de 100 euros. As catro persoas distinguidas con algún galardón neste certame recitarán os seus poemas na Gala das Letras Galegas que terá lugar o día 17 de maio na Casa da Cultura.

A Concelleira de Cultura, Ana-Gloria López Gil, destaca o éxito desta convocatoria, na que participaron preto de 40 autores e autoras de diferentes idades.
 





Google!chuza!meneame!Technorati!Yahoo!
» Sin Comentarios
No hai ningun comentario ata agora.
» Envie seu Comentario
Email (non sera publicado)
Nome
Titulo do comentario
Comentarios
 _EASYCOMMENTS_REMAINING_CHARS
Captcha Image Regenerate code when it's unreadable
 
Advertisement
Festas de Sada 2008
O Concello de Sada publica a programación de festexos para Sada para os meses de xullo e agosto incluindo as...
Festas de Sada 2008
SEMANA GRANDE. Festas de Sada 2008 do 15 ao 18 de agosto.Programa da Festas de Sada 2008 » Sin...
A Casa da Cultura de Sada acolle as Xornadas de Enerxías Limpas » Sin Comentarios No hai...
Estoraque o Indiano'
A compañía Teatro Artesán presenta a súa obra 'Estoraque o Indiano' o 29 de...
O próximo martes comeza en Sada o primeiro dos encontros informativos que organiza CINEMAS DIXITAIS....
Site Map | Sobre a Web | Contacto | Términos e Condicions | Privacidade |Turismo Betanzos