publicidade
Inicio arrow Axenda Bisbarra arrow V Concurso de Fotografía concello de Oza dos Ríos
V Concurso de Fotografía concello de Oza dos Ríos PDF Imprimir
Cualificación dos usuarios: / 0
PobreDo Mellor 
Escrito por Concello Oza dos Rios   

Tra-lo enorme éxito destes anos pasados, a OMIX e os Departamentos de Cultura e Turismo do concello de Oza dos Ríos, organizan unha vez máis o Tra-lo enorme éxito destes anos pasados, a OMIX e os Departamentos de Cultura e Turismo do concello de Oza dos Ríos, organizan unha vez máis o Concurso de Fotografía. Todos aqueles interesados en participar so teñen que aterse ás bases descritas a continuación:. Todos aqueles interesados en participar so teñen que aterse ás bases descritas a continuación:

  1. Poderán participar tódolos interesados/as, sen límite de idade, e independentemente da súa nacionalidade e lugar de residencia.
  2. O tamaño e o formato das fotografía serán libres; o tema tamén é libre, sendo condición única (e indispensable) que retraten elementos, paisaxes, construcións, etc., do noso municipio.
  3. Ningunha fotografía traerá escrito nada que poida servir para identificar ó autor ou autora.
  4. As fotografías realizadas con técnica dixital presentaranse impresas en papel e virán acompañadas dunha copia en CD.
  5. Prazo de presentación dos traballos: ata o día 8 de agosto de 2008 ás 13:30h.
  6. Os traballos serán remitidos á Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello (OMIX do Concello de Oza dos Ríos, Rúa Lois, nº 33, 15388, Oza dos Ríos, A Coruña) ou ben entregados en man no propio Concello. (Para máis información: teléfono - 981 79 20 00, pregunten por Susana ou Julia).
  7. Premios e contía dos mesmos: establécense tres únicos premios, pudendo estes ser declarados desertos se o xurado o estima oportuno (1º: 150 €, 2º: 120 € e 3º: 90 €) Ademais, as fotos gañadoras ilustrarán o calendario oficial do Concello para o 2009.
  8. O xurado estará formado polo Alcalde-Presidente do Concello, xunto cos demais membros da corporación que el designe.
  9. Os gañadores daranse a coñecer o xoves 14 de agosto na entrega de premios que se celebrará na Biblioteca Municipal.
  10. As fotografías recibidas pasarán a ser propiedade do Concello e serán utilizadas por este e incluídas na súa páxina web, sendo citada en todo caso a autoría da obra.

Xa sabedes, cámara en man e a fotografar Oza! E, por suposto, moita sorte a tódolos participantes!

Comentarios
Añadir nuevo Buscar RSS
Escribir comentario
Nombre:
Email:
 
Título:
Por favor introduce el código anti-spam que puedes leer en la imagen.

3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."





Google!chuza!meneame!Technorati!Yahoo!
 

Ultima Hora

Betanzos .Biz vaise de vacacións.

Como todo fillo de veciño voume a pillar un descanso na publicación de noticias nesta Web, de paso como xa vistes, métolle unha maniña de pintura.

Que pasedes unhas boas vacacións e unha boas festas ¡!!

Amodiño co viño e coidado co sol