|
Concello de Curtis
|
A corporación de Curtis acorda por unanimidade a rebaixa de impostos.
A Voz: A corporación municipal de Curtis aprobou, por unanimidade, unha moción presentada polo grupo de goberno, na que acordou unha rebaixa do imposto de bens inmobles e vehículos.
Estas rebaixas aplicaranse a familias numerosas que teñan a súa residencia habitual neste concello e serán de entre o 50% e o 75% das cantidades totais a abonar, segundo os casos. Segundo a moción aprobada terán esta consideración os que figuren no padrón municipal. A bonificación será do 50% para os titulares de familias numerosas, con máis de tres fillos, ou de dous no caso de que un deles sexa discapacitado. Cando o número de fillos é de catro, o desconto previsto é do 75% nestes dous impostos.
» Sin Comentarios
» Envie seu comentario
|