Blogs

Advertisement
Concello de Curtis

Curtis e Industria inauguran hoxe unha rede wifi para os veciños do municipio

Concello de Curtis

O Concello de Curtis conta desde hoxe cunha rede municipal de Internet sen cables. O novo sistema permite conectarse á Rede desde múltiples lugares do municipio. O Concello e a Consellería de Innovación celebran un acto ás 12 horas na casa consistorial, onde inaugurarán o novo sistema cunha videoconferencia. No acto estarán presentes o alcalde de Curtis, Javier Caínzos Vázquez, a directora Xeral de Promoción Industrial, Helena Veiguela, e o delegado provincial, Xosé Luís Barcia.

Segundo informou a Xunta, a asignación orzamentaria da Consellería de Innovación e Industria para o desenvolvemento deste proxecto en Curtis é de 83.200 euros.

A rede de Internet municipal funcionará a través da tecnoloxía Wii Mx, unha das máis avanzadas en conexión sen cable, e que consiste nun dispositivo de conexión que transmite o sinal a través do aire e mediante ondas. O sistema compleméntase cunha rede de aparellos que emiten as ondas, trátase dunha especie de repetidores que axudan a que a intensidade do sinal sexa uniforme en todos os puntos de recepción.

A encargada de instalar este sistema foi a empresa de telecomunicacións coruñesa chamada Demotecnia.

A iniciativa que se implantará hoxe en Curtis forma parte dun programa de desenvolvido pola Consellería Innovación e Industria na que participan outros once Concellos de toda Galicia, entre os que se atopa o concello coruñés de San Saturnino. O programa pretende romper a barreira tecnolóxica que existe entre as zonas urbanas e as rurais, que contan cunha reducida conectividad a Internet a través de banda ancha na comunidade autónoma.


 

Rebaixa de Impostos.

Concello de Curtis

A corporación de Curtis acorda por unanimidade a rebaixa de impostos.


 

Actos con motivo da celebración do día das Letras Galegas

Paderne
Miño
Sada
Oza dos Ríos
Bergondo
Arzúa
Betanzos
O Concello de Bergondo organiza unha xornada sobre a xuventude no edificio de A Senra o sábado 24 de...
A parroquia de Lesa en Coirós celebra neste mes as súas festas. Sin Comentarios
Oza súmase aos concellos que programan actos con motivo da celebración do día das Letras Galegas,...
Miño organiza certames de poesía, narrativa e debuxo para as Letras Galegas O prazo e o lugar de entrega será ata o...
Panorama, Xente Nova e Los Satélites nas festas de Souto A localidade de Souto no Concello de Paderne celebra as...
Martes 20, entre as 9:45 e as 13:00 h, terán lugar tres concertos didácticos a cargo do grupo Betan...