|
Política Territorial resolve non outorgar a aprobación definitiva dos PXOM de Arzúa e de Ribas de Sil á espera de que corrixan as deficiencias detectadas nos documentos.
A conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, María José Caride, ven de asinar sendas Ordes polas que resolve non outorgar a aprobación definitiva dos Plans Xerais de Ordenación Municipal do concellos de Arzúa que deberá corrixir as deficiencias detectadas no seu documento e sometelo de novo a aprobación definitiva por parte da CPTOPT.
Orden, -que xa lle foi comunicadas ao alcaldes de Arzúa - poden consultarse na web da CPTOPT www.cptopt.xunta.es, no apartado de Urbanismo. Nelas sinálanse as correccións que deberán introducir no documento para solventar as deficiencias e que poidan ser aprobados. Posteriormente, deberá someter o documento a aprobación plenaria e remitilos a Política Territorial que de novo analizará os PXOMS para comprobar que se realizaron as correccións esixidas e resolverá sobre a súa aprobación definitiva.
No concello de Arzúa.
Segundo a Orde de Política Territorial, o PXOM conta con informe desfavorable da Dirección Xeral de Patrimonio da Consellería de Cultura e carece do informe preceptivo esixido na Lei Xeral de Telecomunicacións. Ademais, a resolución de Política Territorial especifica que “existe unha desproporción” entre a dinámica poboacional que se espera para o concello de Arzúa para os vindeiros anos e as previsións de reserva de solo previstas no PXOM.
Segundo os datos oficiais, Arzúa ten algo máis de 6.500 habitantes, un parque de vivendas que non chega ás 3.000 e presenta unha tendencia demográfica regresiva nos últimos anos. Sen embargo, a memoria do Plan Xeral para os 20 anos de vixencia prevé unha dinámica edificatoria de 10.000 novas vivendas, das que 7.700 corresponderían ao núcleo urbano do concello, é dicir, multiplicar por cinco as vivendas actualmente existentes. Polo tanto, na Orde sinálase que “a clasificación de solo urbanizable residencial debe reducirse á necesaria para satisfacer as necesidades que se cuantifiquen na memoria do Plan”.
Así mesmo, o Concello de Arzúa deberá corrixir múltiples deficiencias detectadas tanto na clasificación como nas determinacións dos solos urbano, de núcleo rural, urbanizable e rústico.
» Sin Comentarios
No hai ningun comentario ata agora.
» Envie seu Comentario
|