|
 Festa do queixo de Arzua 2008 A Festa do Queixo de Arzúa, -festa de interese turístico galego- é un evento que se celebra a 1ª fin de semana de marzo desde o ano 1975.
A súa evolución, convérteo nun referente non só gastronómico, senón nun proxecto de gran riqueza natural e cultural. Actualmente son moitos os alicerces nos que se asenta: o turismo, a tradición, a cultura, e a formación, entre outras, xeran un valor económico que fai da Festa do queixo unha cita fundamental para Arzúa e comarca, onde arredor de 40.000 persoas acoden cada edición. O intercambio entre as xentes de diferentes idades converte a Arzúa nun punto de referencia singular, onde mocidade e maiores comparten actividades onde todos poden participar.
Esta 33ª edición, preséntase cun programa que integra os obxectivos actuais e de futuro deste evento; son dúas xornadas completas onde a programación para nenos e mocidade xunto coa realización de actividades artísticas, mestúranse coa gastronomía arredor do queixo, potenciando deste xeito un patrimonio cara as vindeiras xeracións. Así mesmo a concentración de institucións, colecti os e empresas expositoras referentes das denominacións de orixe dos queixos galegos e queixerías tradicionais, garante un atractivo abano de produtos para o visitante.
Como complemento á exposición e venda de queixo no recinto feiral, os arzuáns e visitantes poderán gozar dun dos alicerces de sempre máis representativos do evento, o programa musical, de balde, con grupos de gran repercusión e baixo diferentes estilos: hiphop, mestizaxe, pop, música tradicional, folque...
Ademais, en distintos puntos de Arzúa, poderase gozar de actividades de carácter cultural e lúdico, como exposicións, teatro de rúa, intervencións artísticas de graffiti, animación, charangas, pasarrúas…
Programa
Venres, 29 de febreiro
21.30 h NOITE DE RONDALLA.Cantigas populares polas rúas de Arzúa.
Sábado, 1 de marzo
10.00 h a 19.00 h INTERVENCIÓN ARTÍSTICA CON GRAFFITINo Campo de fútbol
Artistas convidados:
Alex "EL TIÑAS", Carlos "PELUCAS" e Pablo "TAY"
Coa colaboración do MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo e da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Universidade de Vigo
16.30 h APERTURA PORTAS RECINTO FEIRAL
Exposición e venda de queixos
Obradoiro de elaboración de queixo tradicional -para mozos e nenos-
Exposición "Concurso Cartaz Anunciador XXXIII Festa do Queixo". Na Capela da Madanela
Exposición "Concurso Cartaz Anunciador XXXIII Festa do Queixo" No 1º andar do Recinto Feiral
Exposición fotográfica "SOMOS LOS..." Na capela da Madanela Autor: Ángel García
18.00 h INAUGURACIÓN OFICIAL XXXIII FESTA DO QUEIXO. Na Praza da Vila Pregón:Xaquín Marín, debuxante e ilustrador
Entrega de distinción á Persoa Homenaxeada
19.00 h UN PAIS DESDE AS TÁBOAS, 125 ANOS DO TEATRO GALEGO No 1º andar do Recinto Feiral
Inauguración e percorrido das autoridades
21.00 h XXXIII FESTIVAL DO QUEIXO
- LA MALA RODRÍGUEZ 21.00 h No Campo da Feira
- MUCHACHITO BOMBO INFIERNO 23.00 h No Campo da Feira
- TRIÁNGULO DE AMOR BIZARRO 01.30 h Na Praza da Vila
Domingo, 2 de marzo
- 10.00 h APERTURA RECINTO FEIRAL: exposición e venda de queixos
- 11.00 h - 19.00 Intervención artística con graffiti
- 12.00 h Teatro de rúa
- 13.00 h Arrás Na Praza do Concello
- 13.30 h Degustación de queixos galegos con D.O. No Recinto Feiral (Stand do Concello)
- 17.00 h Actuación da Medley Band. Na Praza da Vila
- 17.00 h O País do Queixo No recinto feiral Programa lúdico-educativo para rapaces de entre 6 e 12 anos
- 19.00 h XXXIII FESTIVAL DO QUEIXO
MALVELA
19.00 h No Campo da Feira
PEPE VAAMONDE GRUPO
21.00 h No Campo da Feira
Concurso de tapas e pinchos "FESTA DO QUEIXO"
Nos establecementos de hostalaría e bares de Arzúa, o venres 29 e febreiro e sábado 1 de marzo.
En colaboración coa Asociación de Hostaleiros de Arzúa e C.R.D.O. Arzúa-Ulloa
» Sin Comentarios
No hai ningun comentario ata agora.
» Envie seu Comentario
|