Blogs

Advertisement

Día das Letras Galegas 2008

PDF Imprimir
Cualificación dos usuarios: / 0
PobreDo Mellor 
Concello de Arzúa
Fonte: Administrator   
chuza!

O Concello de Arzúa organiza o Concurso:

Palabra máis bonita.

Dentro das diferentes actividades conmemorativas do Día das Letras Galegas, que se celebrará o vindeiro xoves 17 de maio, dende o departamento de Cultura do Concello de Arzúa convidámosvos a elixir a palabra máis fermosa do galego. Entre todos os que nos fagades chegar a vosa sortearemos dez libros coa vida e obra da poetisa noiesa María Mariño, a homenaxeada deste ano.

Un ano máis, a Concellería de Cultura arzuá organiza unha convocatoria popular para elixir a palabra máis fermosa do Galego. Deste xeito, o Concello de Arzúa quere celebrar o vindeiro Día das Letras Galegas cunha homenaxe na que, máis que honrar a autores ou obras en particular, pretende render tamén un tributo á palabra.

Baixo o lema Tes a Palabra, o departamento de Cultura quérevos animar a todos os veciños e veciñas de Arzúa a participar nesta iniciativa, que consiste en que cada un de vós elixa a palabra que considere que é a máis bonita do noso idioma. Para facérnola chegar tedes á vosa disposición tres vías:

    * Escribir a palabra nun folio xunto cos vosos datos persoais (nome, apelidos, enderezo e teléfono de contacto), dobrar o papel e depositalo no buzón instalado na planta baixa da Casa do Concello con motivo desta convocatoria
    * Enviar un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver , no que deben constar os mesmos datos que se precisan no caso anterior
    * Cubrir o formulario que aparece nesta mesma páxina

Xunto coa palabra elixida, cada participante deberá argumentar o porqué da súa elección, relacionándoa coa súa fonética, etimoloxía, ritmo, harmonía, gracia, sonoridade etc... antes que co seu significado, aínda que non importa que nela conflúan as dúas valoracións.

O prazo para participar remata o 16 de maio e os resultados faranse públicos a través desta web ao día seguinte, 17 de maio de 2007. Entre todos os participantes a Concellería de Cultura sorteará dez libros da vida e obra de María Mariño, poetisa noiesa homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas.

Os únicos requisitos que debe reunir a palabra elixida son os de que esta non sexa un nome propio e que figure entre os centos de miles de termos que recollen os diccionarios de lingua galega.

Dende o Concello de Arzúa quérese animar a todos os veciños e veciñas a participar neste xogo lúdico, lingüístico e literario que non persegue outro obxectivo máis que render unha homenaxe ao noso idioma por parte de todos os que nos identificamos con el.





Digg!Google!meneame!Technorati!Yahoo!
» Sin Comentarios
Non.
» Envie seu comentario
Email (no sera publicado)
Nome
Titulo do comentario
Comentario
 palabras disponibeis.
Captcha Image Regenerate code when it's unreadable
 

Actos con motivo da celebración do día das Letras Galegas

Paderne
Miño
Sada
Oza dos Ríos
Bergondo
Arzúa
Betanzos
O Concello de Bergondo organiza unha xornada sobre a xuventude no edificio de A Senra o sábado 24 de...
A parroquia de Lesa en Coirós celebra neste mes as súas festas. » Sin...
Oza súmase aos concellos que programan actos con motivo da celebración do día das Letras Galegas,...
Miño organiza certames de poesía, narrativa e debuxo para as Letras Galegas O prazo e o lugar de entrega será ata o...
Panorama, Xente Nova e Los Satélites nas festas de Souto A localidade de Souto no Concello de Paderne celebra as...
Martes 20, entre as 9:45 e as 13:00 h, terán lugar tres concertos didácticos a cargo do grupo Betan...