publicidade
Inicio arrow Bisbarra arrow Abegondo arrow Programa de Feiras Tradicionais de Abegondo
Programa de Feiras Tradicionais de Abegondo PDF Imprimir
Cualificación dos usuarios: / 0
PobreDo Mellor 
Escrito por Administrator   

 Este domingo a Feira de San Marcos dedicada ao chocolate,haberá unha degustación gratuíta de chocolate entre as 12:00 e as 13:00 horas

 O Concello de Abegondo informa de que este domingo, día 13, vaise celebrar a primeira das Feiras Tradicionais de San Marcos, programadas pola Concellería de Promoción Económica, Cultura e Xuventude, para a tempada 2007-2008. O domingo, como sinalou a concelleira, Fátima Insua, a feira vai estar dedicada ao chocolate. Así, ademais dos produtos de horta e o queixo de Abegondo os asistentes poderán degustar cogomelos de forma gratuíta entre as 12.00 e as 13:00 horas.

As Feiras Tradicionais de San Marcos son unha proposta da Concellería de Promoción Económica, que en palabras de Fátima Insua “teñen que ser un referente na comarca das Mariñas e camiñar cara á calidade ademais de apoiar o tecido económico, cultural e social de Abegondo”. As feiras celébranse todos os segundos domingos de cada mes no Campo da Feira de San Marcos.

Feiras

O programa de Feiras Tradicionais de San Marcos complétase coas seguintes citas: novembro, sábado 10 e domingo 11, Feira do Agro “Agroabegondo”, feira dedicada ao mundo do campo. Maquinaria agrícola, exhibición de taladores Still, stands de produtos agrícolas e Xuntanza Cabalar, coa colaboración do CIAM, degustación de patacas bravas e magosto, verbena coa orquestra Tekila o sábado á noite. Decembro, domingo 9, degustación de Cacheira.

Xaneiro, domingo 13, degustación de Chocolate. Febreiro, domingo 10, Feira do Queixo, mostra de Queixos, concurso de queixeiras, degustación de repostería tradicional do Entroido. Marzo, sábado 8 e domingo 9, I Feira do Motor, exposición de motos e coches, novos e de ocasión, actuación de Paulo Martinho, degustación de Callos, verbena coa orquestra Fania o sábado á noite.

Abril, domingo 13, degustación de Xamón Asado e Lacón. Abril, venres 25, Feira de San Marcos. Maio, domingo 11 Feira das Flores, degustación de mazá e fresa. Xuño, domingo 8, Feira dos Cans de Caza, exibicións de cans, degustación de carne ao caldeiro. Xullo, domingo 13, degustación de Cereixas. Agosto, domingo 10, Feira do Emigrante, degustación de produtos gastronómicos típicos. I Certame Música Intercultural.





Google!chuza!meneame!Technorati!Yahoo!
» Sin Comentarios
No hai ningun comentario ata agora.
» Envie seu Comentario
Email (non sera publicado)
Nome
Titulo do comentario
Comentarios
 _EASYCOMMENTS_REMAINING_CHARS
Captcha Image Regenerate code when it's unreadable
 
Advertisement
Actuación Pablo Seoane Trío, 29 de xuño 2008 » Sin Comentarios No hai ningun...
Na festa de Cuiña inauguraranse as novas instalacións festivas » Sin Comentarios No...
A localidade de Miño vai a celebrar o 1º Festival San Xoán Pop 08. » Sin...
 O sábado 21 de xuño a parroquia de Vilamourel no Concello de Paderne celebrará a festividade...
via stellae 2008 logo
Arranca a segunda edición do Via Stellae, Festival de Música de Compostela e os seus Camiños, que...
Site Map | Sobre a Web | Contacto | Términos e Condicions | Privacidade |Turismo Betanzos