Clicky

Festa da Historia en Sarandós

Sep 7th, 2008 | Por admin | Categoria: Concello de Abegondo

O concello de Abegondo prepara unha festa histórica en Sarandós para o 27 e 28 de setembro.

O sábado, a mocidade de Bordel escenificará a lenda do Tributo das Cen Doncelas, unha lenda que fala de cando as mozas eran recluídas polos mouros nas Torres de Peito Bordel, para logo ser enviadas ao califato de Córdoba.

Durante a fin de semana estarán instalados postos artesanais que recrearán unha feira histórica.
O domingo celebrarase a tradicional romería de Nosa Señora dos Remedios. Dende o concello indicaron que todas as persoas, asociacións e artesáns interesados nesta feira histórica poden aportar as súas ideas e suxestións poñendose en contacto co departamento de Cultura do Concello de Abegondo

Tags: , , , ,

Comments are closed.