|
A I Feira do Motor de Abegondo arranca este sábado, 8 en Abegondo e o piloto Paulo Martinho fará unha exhibición o domingo a partir das 12:00 horas.
As actividades da I Feira do Motor de Abegondo van comezar cunha saída ao campo dos motociclistas e quads, que previamente se teñan inscrito chamando ao teléfono 606 575 821. Esta ruta vai estar organizada pola Escudería Clube Cointer Sport de Abegondo.
Para as 16:00 horas está prevista a inauguración do recinto da mostra por parte do alcalde de Abegondo, Juan José Rocha, e a concelleira de Promoción Económica, Fátima Insua, para deseguido facer un percorrido polos stands instalados no Campo da Feira de San Marcos e que ter como fío condutor todo o relacionado con vehículos a motor.
Para os nenos
Tamén, a partir das 16:00 horas porase en marcha o Parque de Seguridade Viaria que vai destinado a nenos de ata 10 anos. Para poder participar na actividade é necesario que se acheguen ao Campo da Feira coa súa bicicleta para poder poñer en práctica as ensinanzas que van ser impartidas por persoal especialista en seguridade viaria. O horario do Parque de Seguridade Viaria vai ser o sábado de 16:00 a 20:00 horas e o domingo de 11:30 a 13:30 e de 16:00 a 18:30 horas.
Exhibición vehículos históricos
O campo de San Marcos será o lugar de exposición dun bo número de vehículos históricos a partir das 18:00 horas. A partir das 19:00 horas os membros da escudería levarán a cabo unha xincana e unha embarrada na que porán a proba a súa pericia como condutores en situacións adversas. Para remate da xornada está prevista unha degustación gratuíta de callos a partir das 21:00 horas, para despois, entorno ás 10:00 horas, dea comezo a verbena que estará a cargo da orquestra Fania.
Exhibición de Paulo Martinho
O domingo a segunda xornada de Feira do Motor de Abegondo vai coincidir coa Feira Tradicional de San Marcos, neste mercado, que se celebra o segundo domingo de cada mes, estarán presentes os produtos da horta mariñá, os postos de Queixo de Abegondo, postos de ferramentas de campo e todos os postos de venda típicos nestes mercados.
Ás 10:00 horas arrancarán as demostracións deportivas. O punto central da mañá chegará coa exhibición do piloto portugués Paulo Martinho ás 12:00 horas. Os actos festivos continuarán cunha degustación gratuíta de callos a partir das 13:00 horas. Xa pola tarde será o momento da exhibición do Spyder BRP, para chegar á clausura da I Feira do Motor de Abegondo.
» Sin Comentarios
» Envie seu comentario
|