Venres, Marzo 12, 2010
   
Text Size

A Policía Nacional estará o venres día 23 en Abegondo para tramitar o DNI

Betanzos - Noticias

Avaliación do usuario: / 0
RuínMellor 

A Policía Nacional desprázase a Abegondo para tramitar o DNI
Os veciños do municipio e de localidades próximas poderán obter ou renovar o Documento Nacional de Identidade na Casa do Concello de Abegondo

O Concello de Abegondo informa de que mañá, venres día 23, un equipo do Policía Nacional desprazarase a Abegondo para realizar as xestións de expedición ou renovación do Documento Nacional de Identidade. As persoas residentes no municipio ou en localidades próximas poderán obter ou renovar o DNI acudindo á Casa do Concello a partir das 9.00 horas en adiante.