Feiras de Betanzos

Fonte: Extraida da web do Concello de Betanzos   

Feiras Quincenais

PDF Imprimir Correo-e

Os días 1 e 16 de cada mes atópanse en Betanzos os máis representativos vendedores ambulantes da zona. Son moitos e moi distintos os produtos que se ofrecen ao público ( téxtil, antigüidades, artesanía, botánica, todo tipo de productos agrícolas e alimentación, etc….).

Por outra parte e no recinto adaptado ao efecto na zona de Belavista ten lugar a venda de animais (porcos, galiñas, cabalos , etc…); así como a instalación do elemento que non pode faltar en ningunha feira da nosa terra: O Polbo.

As feiras dan un impulso importante ao comercio e á hostalería brigantina , e conscientes diso tratamos de darlle a maior calidade e publicidade posible.

 

+ Ampliar

Anticuario. Data: Primeiro domingo de cada mes

PDF Imprimir Correo-e

No Edificio Liceo, sito na Praza García Irmáns, reúnense os máis importantes anticuarios de Galiza para expoñer ao público e ofrecer ao mesmo a oportunidade de comprar múltiples obxectos de gran valor histórico e da nosa cultura.

Durante todo o día son moitos os interesados que acoden á Feira, que a pesar da súa corta idade, se converteu xa nunha das máis importantes de Galiza na súa especialidade.