Actualidade de Betanzos

O Troula xogará a Copa da Xunta.

O Troula F.S rematou a súa andaina ligueira na segunda posición tras unha temporada brillante. Pese a todo o ascenso de categoría está no aire, xa que tan só ascende directamente o primeiro clasificado.


 

O iraqui Jafar kaki expón a súa obra na galería Artra

Do 5 ao 31, exposi- ción en Artra, na rúa do Castro baixo o títu- lo de "Obra sobre papel", do artista Jafar Kaki (Iraque). O hora- rio será de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h agás os domingos e luns. Inauguración o venres 9 ás 20:30 horas.


 

Exposición das obras da artista Gabriella Locci

Do 6 ao 31, na Sala de Exposicións Temporais da sede da Fundación CIEC, de martes a sábado en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas, exposición dunha selección da obra gráfica da artista Gabriella Locci (Cerdeña-Italia), titulada "Tecniche di incisione".


 

Betanzos acollerá unhas xornadas sobre paisaxe

O venres 23 e sábado 24, na Aula Municipal de Cultura do edificio Liceo desenvolveranse as "II Xornadas de paisaxe cultural do noroeste", organizadas polo Concello de Betanzos e o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia, CEIDA.


 

A lenda de Xan Bonome

O martes 27, no Centro de Maiores de Caixa Galicia ás 18:30 h, representación da obra "A lenda de Xan Bonome" polo grupo de teatro do Centro de Maiores de Betanzos de Caixa Galicia. Ademáis durante este mes haberá distintos pases de obras para os centros educativos da cidade.


 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 Seg. > Remate >>

Resultados 19 - 27 de 35