|
Mércores 21, ás 11:30 h e organizada pola Concellaría de Servizos Sociais do Concello de Betanzos e co patrocinio do Consorcio das Mariñas, terá lugar a representación da obra “A vida de Rosa” a cargo da compañía de teatro Caramuxo, na Aula Municipal de Cultura do Edificio Liceo, en función para os centros de ensino secundario do Concello.
|
|
|
Martes 20, entre as 9:45 e as 13:00 h, terán lugar tres concertos didácticos a cargo do grupo Betan Brass, formado por alumnos e alumnas do Conservatorio Municipal de Música de Betanzos, en pases para os centros de primaria do Concello.
|
|
|
Martes 20, ás 12:00 h e organizada polo Concello de Betanzos e co patrocinio da Deputación da Coruña, terá lugar o recital-concerto que có título “Quen puidera convosco voar” estará baseado en poemas de Manuel Curros Enríquez, correrá a cargo da compañía Casa Hamlet, na Aula Municipal de Cultura do edificio Liceo, en función para os centros de secundaria do Concello.
|
|
|
Sábado 17, ás 20:00 h na Aula Municipal de Cultura do edificio Liceo terá lugar a representación do espectáculo poético-musical “Camiños do Sol”, con poemas de Xosé María Álvarez Blázquez, a cargo do grupo poético-musical Ouriol organizado polo Concello de Betanzos. Seguidamente haberá un breve concerto da Coral Polifónica de Betanzos .
|
|
|
Domingo 11, ás 12:30 h, no atrio de Santo Domingo terá lugar un concerto organizado pola Coral Polifónica de Betanzos con motivo da festa da primavera, que correrá a cargo da Tuna de Veteranos da Coruña (no caso de houber mal tempo desenvolverase na Aula Municipal de Cultura do edificio Liceo).
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 1 - 9 de 37 |