Blogs

Advertisement

Detén a un home en Bergondo como presunto autor dun incendio Forestal

PDF Imprimir
Cualificación dos usuarios: / 0
PobreDo Mellor 
Fonte: Administrator   
Google!

chuza!

meneame!

Technorati!

A Policía Autonómica xa detivo a 22 supostos incendiarios no que vai de ano

 Funcionarios da Xefatura Provincial da Unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia na Coruña informaron hoxe da detención de A.C.S., un home de 79 anos, como presunto autor dun incendio forestal que aconteceu no concello de Bergondo (A Coruña).

O lume que se lle imputa tivo lugar o pasado día 23 de febreiro, e nel resultaron afectadas 0,3 hectáreas de monte arborado e raso, das que 0,10 eran de castaños e piñeiros. As lapas iniciáronse a causa da neglixencia na realización dunha queima de restos forestais na que non se adoptaron as medidas de seguridade prescritas. Isto permitiu que o lume, ao levantarse un golpe de vento, se propagase ata unha zona arborada próxima, dando lugar a un incendio que fixo necesaria a presenza dos servizos de extinción da Xunta de Galicia.

Por estes feitos, instruíronse dilixencias que se remitiron ao Xulgado de 1ª Instancia e Instrución de Betanzos. Con esta detención, a Policía Autonómica xa ten posto a disposición xudicial no que vai de ano a 22 persoas por delitos relacionados cos incendios forestais.





Digg!Yahoo!
» Sin Comentarios
Non.
» Envie seu comentario
Email (no sera publicado)
Nome
Titulo do comentario
Comentario
 palabras disponibeis.
Captcha Image Regenerate code when it's unreadable
 

Actos con motivo da celebración do día das Letras Galegas

Paderne
Miño
Sada
Oza dos Ríos
Bergondo
Arzúa
Betanzos

Festas Concertos, Exposicions e Actuacions

Axenda Concello de Bergondo
O Concello de Bergondo organiza unha xornada sobre a xuventude no edificio de A Senra o sábado 24 de...
O concello de Bergondo celebra a IX Semana das Letras Galegas: do 12 ó 18 de maio de 2008. Terán lugar os seguintes...
Bergondo abre o prazo de presentación de solicitudes para participar na II Feira dá Industria, Comercio e...