publicidade
Inicio arrow Galicia arrow Axenda Galicia arrow A Conselleria de Traballo lanza o ‘Programa Activa’
A Conselleria de Traballo lanza o ‘Programa Activa’ PDF Imprimir
Cualificación dos usuarios: / 0
PobreDo Mellor 
Escrito por Administrator   

Traballo lanza o ‘Programa Activa’ cunha liña de axudas específica para fomentar a contratación de 4.000 desempregadas
Esta iniciativa forma parte do ‘Plan Aurora de Emprego Feminino’, posto en marcha pola Consellería de Traballo

O departamento que dirixe Ricardo Varela concede axudas á contratación indefinida inicial e axudas para a transformación de contratos doutras modalidades en indefinidos

As empresas interesadas poden solicitar estas subvencións ata o 15 de setembro deste ano

Traballo lanza o ‘Programa Activa’ cunha liña de axudas específica para fomentar a contratación de 4.000 desempregadas
Esta iniciativa forma parte do ‘Plan Aurora de Emprego Feminino’, posto en marcha pola Consellería de Traballo

O departamento que dirixe Ricardo Varela concede axudas á contratación indefinida inicial e axudas para a transformación de contratos doutras modalidades en indefinidos

As empresas interesadas poden solicitar estas subvencións ata o 15 de setembro deste ano


O conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, anunciou hoxe a posta en marcha do Programa Activa, cunha liña de subvencións específica para potenciar a contratación de 4.000 mulleres desempregadas. Este programa inclúe medidas de formación, orientación, e de mellora da ocupabilidade, así como incentivos á contratación. Para este último apartado, o departamento que dirixe Ricardo Varela xestionará un presuposto de máis de 16 millóns de euros ao longo de 2008. O conselleiro facilitou esta información con motivo da súa participación na inauguración das II Xornadas sobre cuestións xurídico-laborais e de Seguridade Social de actualidade, organizadas polo Consello Galego de Relacións Laborais, en colaboración coa Escola Universitaria de Relacións Laborais de Lugo.

A finalidade do Programa Activa é incrementar a participación das mulleres no mercado laboral, incorporando ás inactivas e ás paradas ao mesmo, de cara a achegar o índice de mulleres afiliadas a un nivel similar ao dos homes. Neste programa establécense as medidas que teñen como obxectivo a incorporación de mulleres inactivas e paradas ao mercado laboral.

Cómpre sinalar que este programa está incluído no Plan Aurora de Emprego Feminino, posto en marcha pola Consellería de Traballo o pasado mes de febreiro. Entre os retos deste plan figuran promover a incorporación de máis mulleres ao mercado laboral, incrementar a calidade do emprego feminino, incorporar mulleres a profesións nas que están subrepresentadas e garantir a igualdade na negociación colectiva.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o pasado mércores 16 de abril a orde pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación indefinida das mulleres, como medida para lograr un mercado de traballo igualitario.

A través desta orde a Consellería de Traballo establece axudas ás contratacións indefinidas iniciais e axudas á transformación en indefinidos de contratos doutra modalidade (temporais, para a formación, en prácticas, de substitución por anticipación da idade de xubilación e de interinidade), sempre que a muller sexa maior de 31 anos.

No caso das contratacións indefinidas o importe da subvención será de 7.500 euros, cando se contrate a desempregadas incluídas nalgún dos colectivos anteriores. No suposto de que non pertenza a ningún dos colectivos, a axuda será de 2.000 euros, agás no caso das desempregadas que procedan de empresas en crise, cando o importe será de 7.500 euros. Por outro lado, a transformación de contratos doutra modalidade en indefinidos incentivarase cunha axuda de 3.000 euros.

A convocatoria deste tipo de axudas responde ao obxectivo de integrar o principio de igualdade na política de emprego da Xunta de Galicia. Neste senso, este documento recolle o establecemento de medidas de discriminación positiva en favor do sexo menos representado no mercado laboral.

No marco das políticas activas de emprego promovidas polo Goberno galego, os incentivos á contratación por conta allea configúranse como un instrumento para facilitar o acceso e permanencia no emprego aos colectivos de traballadores con maiores dificultades. Ademais, supoñen unha ferramenta para fomentar a estabilidade laboral das novas contratacións e dos cadros de persoal das empresas de Galicia.

Tal e como se recolle no texto da orde, na programación de incentivos para o presente ano, o colectivo feminino segue a ser un dos grupos especialmente atendidos no conxunto de axudas á contratación indefinida. A finalidade é poñer a disposición das mulleres galegas medidas activas que favorezan a súa inserción no mercado de traballo, a súa representación equilibrada en todas as profesións e sectores de actividade, así como unha maior participación na taxa de actividade e de ocupación.

Destinatarias das axudas
O colectivo destinatario destas axudas son as mulleres maiores de 31 anos, rexistradas como demandantes de emprego nas oficinas do Servizo Público de Emprego e sempre que se atopen nalgunha das seguintes circunstancias: mulleres desempregadas de longa duración; desempregadas titulares de familias monoparentais, que teñan cargas familiares; paradas de unidades familiares nas cales ningún dos seus membros en idade laboral obteña rendas superiores ao 75% do IPREM (Índice Público de Renda a Efectos Múltiples).

Tamén se consideran destinatarias desta liña de subvencións as mulleres que sexan contratadas en profesións ou ocupacións nas que se atopen subrepresentadas, paradas que se reincorporen ao mercado de traballo tras unha ausencia prolongada dun mínimo de dous anos e as mulleres que sexan contratadas nos 24 meses seguintes a ser nais.

Ademais, tamén será subvencionable a contratación de desempregadas demandantes de primeiro emprego, emigrantes retornadas, así como aquelas demandantes de emprego que rematen o seu itinerario personalizado de inserción laboral nunha ocupación e sexan contratadas nesta.

Beneficiarios dos incentivos
Os destinatarios deste programa de axudas son as empresas que contraten por conta allea ás traballadoras pertencentes a estes colectivos. Tamén están incluídos os autónomos, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica.
Cómpre destacar que non poderán ser beneficiarias destes incentivos as administracións públicas e as sociedades públicas, nin as entidades vinculadas ou dependentes destas.

Prazo de presentación
As entidades interesadas en acollerse a este tipo de subvencións poderán solicitalas nos dous meses seguintes á data na que se inicie a relación laboral, pero o prazo de admisión de solicitudes remata o 15 de setembro. Cómpre sinalar que aquelas contratacións que se fixeran dende o 16 de setembro de 2007 ata hoxe deberán presentar a solicitude antes do vindeiro 31 de maio deste ano.

As empresas interesadas poden consultar información e descargar as solicitudes e os anexos deste programa de axudas na páxina web da Consellería de Traballo (http://traballo.xunta.es).





Google!chuza!meneame!Technorati!Yahoo!
» Sin Comentarios
No hai ningun comentario ata agora.
» Envie seu Comentario
Email (non sera publicado)
Nome
Titulo do comentario
Comentarios
 _EASYCOMMENTS_REMAINING_CHARS
Captcha Image Regenerate code when it's unreadable
 
Advertisement

Calendario

July 2008
MonTueWedThuFriSatSun
010203040506
07080910111213
14151617181920
21222324252627
28293031
Advertisement