publicidade
Inicio arrow Galicia arrow Axenda Galicia arrow Exposición de maquetas e motores de barcos en miniatura en Ribeira
Exposición de maquetas e motores de barcos en miniatura en Ribeira PDF Imprimir
Cualificación dos usuarios: / 2
PobreDo Mellor 
Escrito por Administrator   

A Escola náutico-pesqueira de Ribeira acolle unha exposición de maquetas e motores de barcos en miniatura
Este material pertence á Asociación Mar de Noia, organismo ao que a Consellería de Pesca lle cedeu as instalacións do centro para instalar a mostra

A exposición poderá visitarse entre o xoves e o venres desta semana e está dirixida a aquelas persoas interesadas en coñecer de preto tanto o mundo náutico-pesqueiro como o propio centro

A Escola Oficial Naútico-Pesqueira de Ribeira (R/ Praia de Coroso, s/n), da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, acollerá entre o xoves e o venres desta semana unha exposición de maquetas e motores de barcos en miniatura, así como de diverso material náutico antigo pertencente á Asociación do Mar de Noia. A mostra, que terá as portas abertas en horario de 10 a 14 horas, vai dirixida a todas aquelas persoas interesadas en coñecer de preto tanto o mundo náutico-pesqueiro como a propia escola.

A exposición, de carácter didáctico, permitirá ver parte da vida mariñeira e como eran as embarcacións no século pasado, concretamente os barcos construídos na Ría de Muros e Noia. De feito, contarase cun balandro e un pailebot, os dous de comezos do século XX, dos que se mostrarán pezas orixinais como bigotas, motóns, etc. Da primeira destas embarcacións, o “Nuevo Manuel”, disporase da maqueta á vez que se poderán ver a Real Patente de Navegación, o documento lexítimo dos seus propietarios cando o mandaron construír e os Roles onde figuran todos os nomes dos tripulantes dende 1923 ata 1952, cando foi despezado. Ademais, estará exposta unha maqueta de grandes dimensións do pailebot “Puerto del Son” xunto con fotografías da súa botadura.

Por outra banda, os visitantes poderán ver varias cartas náuticas; sextantes e octantes; cálculos de navegación; diario de navegación e outros utensilios empregados para navegar todos eles de diferentes épocas e buques. Tamén haberá un apartado adicado a máquinas e motores no que a Asociación mostrará o equipamento completo dunha sala de máquinas dun barco (cos correspondentes motor principal, motor auxiliar propulsor, motor auxiliar de emerxencia, alternador de cola, etc.) e un motor de última xeración (de 12 cilindros, en “v” 60º e sobrealimentado), mostrándose en vídeo como se fai cada unha das pezas que o compoñen. Estes dous últimos sistemas son en miniatura, feitos a man e en perfecto estado de funcionamento. Así mesmo, estarán expostos dous motores orixinais, propiedade da Escola, que foron feitos en Ribeira e Noia.

Dar a coñecer a escola

A montaxe da exposición pretende amosar o mundo náutico-pesqueiro e as instalacións do propio centro a todos os visitantes que se aproximen á Escola Naútico-Pesqueira de Ribeira, facendo especial fincapé na xente moza. De feito, agárdase a visita estes días de estudantes procedentes de Santiago de Compostela.

Así, no percorrido polas instalacións poderán ver os simuladores de navegación, de pesca e de máquinas cos que traballan os alumnos e os docentes nos diferentes cursos impartidos na escola (ciclos medios e superiores en materia de pesca, navegación e transporte marítimo, así como cursos profesionais de Mariña Mercante).

A Consellería de Pesca cedeu as instalacións da Escola para a instalación da exposición impulsando así o traballo que vén desenvolvendo a Asociación do Mar de Noia, un organismo sen ánimo de lucro, que pretende, entre outros, estudar, recuperar, conservar e divulgar o patrimonio marítimo de Noia e da zona xeográfica da Ría de Muros e Noia. A Asociación está organizando exposicións para os vindeiros meses e estará presente en Navalia.
 





Google!chuza!meneame!Technorati!Yahoo!
» Sin Comentarios
No hai ningun comentario ata agora.
» Envie seu Comentario
Email (non sera publicado)
Nome
Titulo do comentario
Comentarios
 _EASYCOMMENTS_REMAINING_CHARS
Captcha Image Regenerate code when it's unreadable
 
Advertisement

Calendario

July 2008
MonTueWedThuFriSatSun
010203040506
07080910111213
14151617181920
21222324252627
28293031
Advertisement